|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xornais
e revistas de Cuba |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galerías
1 2 3 4 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
A Gaita Gallega
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
Publicación totalmente en galego
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana
DATAS DE APARACIÓN: 5 de xulio de 1885 ata o 18 do nadal de 1887.
O 20 de xulio de 1889 reaparece como suplemento de “El Eco de
Galicia”, por poco tempo xa que no mes do nadal do mesmo ano deixa
de saír.
FORMATO: periódico de formato pequeño, de certa maneira
inspirado no libro auroral de Xoan Manuel Pintos (publicado en Pontevedra
en 1853).
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundador e director: *Chumín de Céltigos (seudónimo
do poeta ortigueirés Ramón Armada Teijeiro) e Roque d’as
Mariñas (seudónimo de manuel Lugrís Freire, quen
estivo vencelledo a esta empresa somente nos primeiros números)
ADMINISTRADOR:
*Chumín de Céltigos e Roque d’as Mariñas
(participa nos primeiros números)
OBSERVACIÓNS: Un firme patriotismo, que se asenta básicamente
na lingua e o que destaca desta publicación.
O mesmo tivo moi boa acollida non sóio entre nosos emigrantes
senón tamén por parte da prensa habaneira e dalgúns
periódicos do interior de Cuba.
Insértanse poesías, narracións, artigos e crónicas,
historia, lendas, refráns, música popular, comentarios
da cultura, etc.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Aires da miña terra
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Boletín da Sociedade
do mesmo nome (Pequena entidade mutual e benéfica. En 1892 tiña
tres médicos e dous dentistas)
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana
DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en xulio de 1892
FRECUENCIA: mensual
FORMATO: tabloide-Bilingüe
ILUSTRACIÓNS:
NÚMERO DE PÁXINAS: 4 páxinas
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Dirixido por José Novo García
ADMINISTRADOR: Delmiro Vieites
LOCALIZACIÓN:
OBSERVACIÓNS: En maio de 1910 comenzaría a saír
en Bos Aires unha publicación co mesmo nome, na homenaxe a Curros
Enríquez, quen morrera na Habana dous anos antes.
Colaboradores: Curros enriquez, Emilia Pardo Bazán, Sofía
Casanova, Concepción Arenal, Manuel Lugrís Freire, Alvaro
de La Iglesia, Enrique Novo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Airiños da miña terra
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Se di: “Consagrada
a la propagación de la literatura gallega y órgano de
los gallegos emigrados en América Latina”
-Bilingüe
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana
DATAS DE APARACIÓN: Comenzou a publicarse 10 de maio de 1909
FRECUENCIA: decenal
FORMATO: revista
ILUSTRACIÓNS: con ilustracións
NÚMERO DE PÁXINAS:
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Juan Vicente Martínez-Luis Covisa
OBSERVACIÓNS: Insértanse biografías de persoalidades
galegas: Fr. Martín Sarmiento, Pastor Díaz, francisco
Añon, Méndez Nuñez, Maximino Ramos, Juan de Pallares,
etc. Abundan os traballos en galego, cántigas e contos populares,
poesías de Añon, Pondal, Xenaro Mariñas, M. Novo
Costoya, Luis Pardo, Emilio Martínez; narracións de Labarta
Pose, Ricardo Carballal, Alvaro Dios Villar, Manuel Vidal, Xesús
R. López e Manuel Carrillo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Alma Gallega
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba
DATAS DE APARACIÓN: publicouse no ano 1910
- bilingüe
FRECUENCIA: mensual
FORMATO:
revista
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director: Antón Villar Ponte
OBSERVACIÓNS: de breve andaina
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Alma Gallega
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “defensora del prestigio
y de los derechos de los gallegos residentes en Cuba”
- Bilingüe
- Era o órgano informativo do partido Unión Progresista
Gallega, pro Centro Galego. (Dous anos antes, este partido comenzara
a editar “La voz gallega”, en castelán, baixo a dirección
de Eduardo P. Marzoa. O feito de que esta nova publicación incluía
textos en galego, pensamos que se debe á fecunda presencia de
Castelao na Habana, entre novembro de 1938 e febreiro de 1939).
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba
DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en nadal de 1939.
FRECUENCIA: mensual
FORMATO: revista
ILUSTRACIÓNS: con ilustracións
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Luis Reynante Losada
OBSERVACIÓNS: Denuncia a conducta dos directivos do Centro en
primeiro lugar a do seu presidente, Cayetano García lago, de
tendencia falanxista.
Reprodúcense algúns dibuxos de Castelao, principalmente
do libro “Cincuenta homes por dez reás”. Tamén
retrato de Curros.
Menciónase moi seguido a Antón Villar Ponte, a raíz
de teren sido expulsado do Centro uns cantos socios, recórdase
con énfasis ao xornalista combativo expulsado, por quen sinten
unha grande simpatía os que fan a revista. (Talvez por eso lle
puxeron o mesmo nome da que A. Villar Ponte dirixira nesta cidade).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Alma Gallega
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Órgano radical
de las aspiraciones de la Región”
Escrita
en Castelán
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba
DATAS DE APARACIÓN: comenzou a aparecer o 6 de xaneiro de 1917
- Só saíron uns cantos números
FRECUENCIA: semanal
FORMATO: revista
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Luis E. Rey (periodista e pedicuro, rexía un salón quiropédico
na habaneira rúa de Neptuno, ó tempo que batallaba no
ámeto das institucións galegas da emigración).
LOCALIZACIÓN:
OBSERVACIÓNS: Aparecen traballos de temática diversa,
que van dende Colón até os éxitos do mestre Chané.
Destaca Abdón Rodríguez Santos, sobre os problemas dos
emigrantes. A revisdta é en xeral favorable á acción
do Centro Galego, e divulga as actividades do mesmo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
A Terriña
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “de información,
recreo, ciencia e instrucción”
- Bilingüe
LUGAR
DE EDICIÓN: Cuba
DATAS
DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en outubro de 1908
- Encontraronse 39 números
FRECUENCIA:
semanal
FORMATO:
revista
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Director:
Luis E. Rey
Xefe de redacción: Jesús Díaz
ADMINISTRADOR:
1º Gerardo Iglesias
2º Juan Mª Chenard
OBSERVACIÓNS: Publica noticias de Galacia e das sociedades galegas
de Cuba, aborda cuestións forais, combate o caciquismo, informa
sobre teatro, música, efemérides, etc.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
A Tierra Gallega
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE:
-Bilingüe
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba
DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse en abril de 1894 e
deixa de saír en novembro de 1896
FRECUENCIA: semanario
FORMATO: tabloide
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
Fundador e director: Manuel Curros Enríquez
ADMINISTRADOR:
1º Laureano Carrillo
2º Curros Enríquez
3º José Baña
OBSERVACIÓNS: Encontranse arigos de Aureliano J. Pereira, Luis
Rodríguez Seoane, Aurelio Ribalta, Federico Maciñeira,
Bernardo Barreiro, Jesús Rodríguez López, etc.
Aparecen noticias de Galicia, informa sobre a laboura de diferentes
institucións galegas en Cuba, en particular da Sociedad de Beneficencia
de naturales de Galicia e do Centro Galego.
En febreiro de 1895 estalou a Guerra de Independencia. O semanario manifestabase
abertamente oposto á loita dos independentistas cubanos, e apoiados
polas editoriais arremete contra Máximo Gómez, Antonio
Maceo e outros líderes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Menoria
Caja de Ahorros y Banco Gallego S.A. 1929 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Boletín de la Asamblea de Apoderados del Centro Gallego
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: “Gaceta oficial”,
onde se recollía textualmente todo canto se decía nas
sesións da Asamblea, un libro de actas con debates, informes
de comisión especializadas, balances, contabilidade, teatro,
colexio, etc.
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba
DATAS DE APARACIÓN: comenzou a publicarse no ano 1915, ata 1955
ou 1960. Ata que o Centro Galego desapareceu.
FORMATO: boletín
NÚMERO DE PÁXINAS: 300 páxinas.
OBSERVACIÓNS: de acordo cos estatutos, as sesións ordinarias
celebrábanse o primeiro domingo dos meses de febreiro, xunio
e outubro.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Boletín de Propaganda de la Sociedad “Unión Mugardesa”
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Órgano da Unión
Mugardesa
- Bilingüe
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba-A Habana
DATAS DE APARACIÓN: se editou entre 1946 e 1958.
FRECUENCIA: semestral
FORMATO: boletín
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
* Gabriel Míguez Deus
* Colaboraba en veces Manuel Roldán
OBSERVACIÓNS:
Trátase dun boletín de escaso interés para os que
non fosen membros da entidade. Reseña festas, cumpleaños,
bodas, mortes, etc.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
TÍTULO:
Cenit
SUBTÍTULO, LEMA OU EPÍGRAFE: Órgano da Sociedad
Hijas de Galicia (dado que o Centro Galego somente admitia como asociados
homes adultos, fundouse esta institución mutualista para atender
ás mulleres e ós nenos).
“Revista dedicada a la mujer y al niño” - Bilingüe
LUGAR DE EDICIÓN: Cuba
DATAS DE APARACIÓN: comenzou a saír en xulio de 1938 ata
o nadal de 1960.
FRECUENCIA: mensual
ILUSTRACIÓNS:
con ilustracións
DIRECTOR, EDITOR OU REDACTOR RESPONSABLE:
1º director: José Alvarez Nuñez
2º director: José Antonio Clark (que ao mesmo tempo rexía
o sanatorio Concepción Arenal)
Subdirector: Daniel Mosquera
Xefa de redacción: Amada Borges
ADMINISTRADOR:
Rosa Artiles
OBSERVACIÓNS:
Ocupábase principalmente dos fins benéficos e asistencias
da entidade, e divulgaba os servicios que viñan prestando á
muller emigrante e ós seus fillo pequenos. A presencia da língua
galega é mínima. Sóio aparecen raramente algunhas
citas en verso intercaladas en artigos referidos a poetas de Galicia. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Memoria
Chantada, Carballedo y sus comarcas 1912-1926
Instrucción,
Beneficencia e lecer "Centro Gallego de la Habana" |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Memoria
Círculo Habanero
Sociedade
de Instrución e lecer
LUGO-GALICIA 1917 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Memoria
Círculo Habanero
Sociedade
de Instrución e lecer
LUGO-GALICIA 1916 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Galerías
1 2 3 4 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|