TRÁMITES
PREVIOS AO RETORNO
Baixa
Consular
Aqueles
emigrantes inscritos no rexistro de matrícula do consulado
español, unha vez que decidan transladar a súa residencia
ao Estado español dun xeito definitivo, deberán solicitar
a baixa voluntaria no rexistro de matricula definitiva (coñecida
coma baixa consular) na oficina consular ou da sección consular
da misión diplomática correspondente. Para solicitar
a baixa consular, o interesado/a deberá acudir persoalmente
ao consulado provisto do seu pasaporte vixente.
A
baixa consular é un documento necesario para empadroarse no
seu concello ou para solicitar o certificado de emigrante retornado.
Documentos
acreditativos da actividade laboral
Calquera
emigrante retomado/a que desexe acceder ás diversas prestacións
previstas pola lexislación no ámbito laboral, deberá
acreditar documentalmente que atividade laboral por conta allea ou
propia realizou dende a súa última saída do Estado
español, achegando no seu caso a seguinte documentación:
Traballadores/as
por conta allea
Contratos
de traballo, Follas salariais ou nóminas, certificados de afiliación
ou cotización ao sistema da Seguridade Social do país
do que cotizaran. Certificados de empresas para as que prestaron servizos
onde figure o tempo da prestación do mesmo.
Traballadores/as
por conta própria
Documentación
xustificada do período e natureza da actividade, certificados
de afiliación ou cotización ao sistema da Seguridade
Social que protexa aos traballadores/as autónomos, certificados
acreditativos do pagamento de impostos polo exercicio de atividade
ou traballo persoal.
Todos
os documentos, aínda que sexan oficiais, referidos ao tempo
traballado no exterior deberán ser certificados respecto do
seu contido polo consulado, embaixada ou consellaria laboral española
do país de procedencia.
TRÁMITES
POSTERIORES AO RETORNO
Documento
de Identidade
É
o documento público que acredita a ausencia personalidade do
seu titular, consigue o xutisficante completo da súa identidade,
e serve, para acreditar a nacionalidade. Os maiores de 14 anos están
obrigados a telo. O Documento de identidade, só se pode tramitar
nas oficinas do Documento de Identidade no Estado, que habitualmente
están nas Comisarías de Policía.
Empadroamento
Todo
galego/a residente no exterior que decida transladar a súa
residencia ao noso país deberá solicitar a alta no padrón
municipal do concello onde vaia fixar a súa residencia. Para
isto, debe dirixirse ao departamento de estatística do seu
concello e achegar a baixa consular, xunto con calquera documento
que acredite a súa residencia nese concello: contrato de alugamento,
escritura de propiedade dunha vivenda, contrato de luz...
Certificado
de emigrante retornado
É
o certificado que acredita o feito do retorno definitivo ao Estado
español. Este certificado expedirase nas Subdelegacións
do Governo, aínda que tamén se expide nas Delegacións
Provinciais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Este documento
é imprescindíbel para acreditar a condición de
emigrante retornado.
Para
que a administración emita este certificado deberá achegar
a seguinte documentación:
•
Pasaporte ou documento de identidade en vigor
• Deberáse acreditar a nacionalidade española mediante
o pasaporte ou documento de identidade en vigor ou certificado de
inscrición ou rexistro de matrícula de españois
expedido polo consulado.
• Data da súa última saída do Estado español,
para o que se presentará igualmente pasaporte ou outro documento
que o xustifique.
• Baixa consular, onde o interesado probará a data do seu
retorno e país de procedencia.
• Debe acreditarse ,documentalmente os períodos traballados
nun país estranxeiro desde a última saída do
Estado español, xa sexa como traballador por conta alllea
ou propia.
• Cando se trate de traballadores procedentes da Unión Europea,
Espazo Económico Europeo ou Suíza, só deberán
acreditar a data da súa última saída a data
de retorno e vir co formulario comunitario E-301.
Permisos
de conducir
Unión
Europea
Os permisos de conducción dos Estados membros da Unión
Europea e do Espazo Económico Europeo, de acrodo coa normativa
comunitaria son válidos no Estado español. Porén
o/a titular dun destes permisos deberá inscribir os seus datos
na Xefatura Provincial de Tráfico, se adquire a residencia
normal no Estado, nun prazo de seis meses desde a data de que consigue
tal residencia.
Expedidos
por países que non pertencen a Unión Europea
Soamente
é posíbel o troco do permiso de conducir si existe o
correspondente convenio entre o Estado español e o país
de expedición do mesmo. Actualmente só existe convenio
con Andorra, Arxentina, Bulgaria, Colombia, Corea do Sur, Chile, Ecuador,
Xapón, Marrocos, Perú, Romanía, Suiza, Uruguai
e Venezuela. Os trocos tramítanse nas Xefaturas Provinciais
de Tráfico.
DESEMPREGO
Prestación
por desemprego de nivel contributivo
Os/as
traballadores/as emigrantes retornados percibirá unha prestación
económica de carácter e sempre que se cumpran os seguintes
requisitos:
•
Certificado de emigrante retornado. Aqueles que retornen dalgún
país da Unión Europea, Espazo Económico Europeo
ou Suiza. Neste caso deberán vir co formulario E-301.
• Ter cotizacións por desemprego computábeis á
Seguridade Social de 12 meses durante os 6 anos anteriores á
última saída do Estado español; si o traballador
ten cotizacións no estranxeiro que sexan computabeis; ( na
actualidade as realizadas nos países da Unión Europea,
Espazo Económico Europeo, Chile Australia e Suiza ), cómputo
dos seis anos farase desde a data en que finalice a relación
no país de emigración. En todo caso, só poderán
computarse os períodos no estranxeiros só si o traballador/a
se emprega de novo no Estado español logo do retorno e perda
o seu traballo por unha causa que xenere unha nova situación
legal de desemprego.
• Cesar na relación laboral mantida no país de emigración
e non ter dereito á protección por desemprego nese
país.
• Atoparse en situación legal de desemprego.
• Inscribirse como demandante de emprego e solicitar a prestación
na oficina de emprego nos quince días hábiles seguintes
ao retorno.
• Non ter cumprido a idade que permita acceder a pensión
contributiva de xubilación.
O
dereito á prestación nace ó día seguinte
da data do retorno, sempre que a inscrición como demandante
de emprego e a solicitude da prestación por desemprego se formule
dentro dos 15 días seguintes a dita data. De non facelo asi,
dentro do mencionado prazo, recoñecerase a prestación
a partir da solicitude, perdendo tantos días de prestación
como medien entre a data en que se debeu solicitar e aquela na que
efectivamente se levou a cabo. A duración mínima
da prestación é de 120 días (4 meses) e a máxima
de 720 días (24 meses), taxándose a prestación
segundo os períodos de ocupación cotizada.
Exportación
da prestación por desemprego da Unión Europa ou Suiza
O/a traballador emigrante que atopese desempregado, cobrando unha
prestación e decida retornar a Galiza, poderá trasladar
a prestación únicamente durante un máximo de
tres meses. Deberá presentar na oficina de emprego o formulario
E-303.
Subsidio por desemprego para emigrantes retornados
Os/as
traballadores/as emigrantes retornados que non teñan dereito
á prestación por desemprego a nivel contributivo poderán
acollerse a este subsidio sempre que cumpran os seguintes requisitos:
•
Estar desempregado
• Estar inscrito como demandante de emprego no prazo dun mes desde
a súa chegada, sen ter rexeitado unha oferta de emprego axeitado,
ou terse negado a participar salvo causa xustificada en accións
de formación, promoción Certificado de emigrante retornado.
• Acreditar, como mínimo ter traballado 12 meses nos últimos
seis anos no país de emigración.
• Ser traballador/a emigrante retornado/a de países non pertencentes
ao Espazo Económico Europeo ou cos que non exista convenio
sobre protección de desemprego.
• Carecer de rendas de calquera natureza, en computo mensual, o
75% da contía do salario mínimo profisional, excluídas
as dúas pagas extraordinarias.
O
dereito nace ao día seguinte de finalizar o prazo de espera
dun mes dende a súa inscrición de demandante de emprego.
A solicitude debe formularse no prazo dos quince días seguintes
á finalización de dito prazo. De non facer asi, o dereito
nacerá o día seguinte da solicitude, reducíndose
a duración do subsidio en tantos días como medien entre
a data en que nacera o dereito, de non telo solicitado en tempo e
forma, e aquel en que efectivamente se solicitou. A duración
é de 6 meses prorrogábeis por períodos semestrais
até un máximo de 18 meses.
Renda
Activa de Inserción RAI.
Tratase
dunha axuda xestionado polo Servizo Público Estatal, dirixido
aos/as traballadores/as desempregados/as con especiais necesidades
económicas e dificultades para procurar emprego.
Poderán
ser beneficiarios aqueles traballadores emigrantes que retornando
traballaran como mínimo 6 meses no estranxeiro dende a última
saída do Estado español e estén inscritos como
demandantes de emprego. Ademáis deben reunir os seguintes requisitos:
Ser maior de 45 anos e menor de 65 anos,non ter dereito a prestacións
ou subsidio por desemprego, carecer de rendas de calquera natureza.
superiores en cómputo mensual ao 75% do salario mínimo
interprofesional.
A
cuantía da renda será igual o 80% do indicador público
de renda de efectos múltiples (IPREM). A duración máxima
da percepción da renda será de 11 meses.
AXUDAS
A PROL DOS EMIGRANTES RETORNADOS
Axuda
para atender as necesidades extraordinarias dos retornados. MTAS
Tratase
dunha axuda económica do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
dirixida aos emigrantes retornados para axudar a sufragar os gastos
extraordinarios derivados do retorno. Esta axuda podera ser solicitada
dentro dos nove meses seguintes ao retorno, sempre que fique acreditado
que residiron no exterior, de forma continuada ,un mínimo de
cinco anos antes do retorno.
A
axuda se poderá solicitar en calquera momento do ano nas áreas
e dependencias provinciais do Ministerio de Traballo ou na Subdelegación
do Goberno. A contía será variábel en función
das causas que motiven a solicitude e da situación económica
e familiar dos interesados. En calquera caso, fixase a cuantía
máxima anual por cada beneficiario no importe anula do Indicador
Público de Rendas Múltiples (IPREM).
Axudas
extraordinarias a emigrantes retornados/as e aos seus familiares da
Xunta de Galiza.
O
obxecto destas axudas é a concesión de prestacións
económicas directas, extraordinarias e non periódicas
dirixidas aos/as emigrantes galegos/as retornados/as e aos seus familiares,
para atender situacións de necesidade ou precariedade económica
derivada do feito do retorno.
Poderán
ser beneficiarios e solicitar estas axudas os emigrantes naturais
de Galiza, que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e
que regresaran a Galiza e que cumpran cos seguintes requisitos:
•
Residir legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos
inmediatamente anteriores á data do seu retorno a Galiza.
• Traballar no exterior durante un período mínimo
dun ano. Quedarán exentos deste requisito os/as emigrantes
naturais de Galiza maiores de 65 anos.
• Que non transcorrera máis dun ano desde o seu retorno a
Galiza. Estar empadroado nun concello de Galiza.
• Carecer de bens ou ingresos que permitan alcanzar o nivel mínimo
de subsistencia. Manifestar o seu compromiso no documento de solicitude
de residir en Galiza un período mínimo dun ano partir
da concesión da axuda.
As
solicitudes dirixiranse á Secretaría Xeral de Emigración,
desde a data de publicación da resolución no Diario
Oficial de Galiza até o 30 de setembro.
Renda
Inserción Social de Galiza. RISGA
É
unha prestación social de carácter periódico
destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a
quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción
que partindo das necesidades e características de cada caso,
procure autonomía persoal, familiar e económica do/a
beneficiario/a e acade a sua integración laboral
Os/as emigrantes galegos/as retornados/as, poderanse acoller a esta
prestación sempre que fixen a sua residencia en Galiza e non
superen os 65 anos de idade. As solicitudes para recibir esta prestación
realizaranse através dos servizos sociais dos concellos.
Sistema de Atención á Dependencia.
Aquel emigrante retornado en situación de dependencia, quer
decir que precisa a atención doutra persoa para realizar tarefas
básicas da vida diaria. Debe dirixirse as delegacións
provincias, centros sociais e fogares do maior da Vicepresidencia
da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza, para solicitar a valoración
da súa dependencia, para logo a cada persoa acordarase un programa
de individual de atención, no que se expresará a que
servizos e prestacións ten dereito.
PENSIÓNS
Pensión
asistencial por ancianidade a favor dos/as emigrantes retornados/as
Os/as
emigrantes cando retornen ao Estado español, poderán
ser beneficiarios de pensión asistencial por ancianidade, sempre
que acrediten os requisitos, excepto o referido aso periodos de residencia
no territorio español, exixidos no artigo 167.1 do texto refundido
da Lei Xeral da Seguridade Social, para ter dereito a unha pensión
de xubilación na súa modalidade non contributiva do
sistema da Seguridade Social.
Pensións
non contributivas da Seguridade Social. Invalidez e xubilación
As
pensións non contributivas de xubilación e de inválidez
aseguran a todos/as cidadáns/cidadás, unha prestación
económica, aínda que non teñan cotizado ou teñano
feito de xeito insuficiente para ter unha pensión contributiva.
Para ser beneficiarios/as deben reunir os seguintes requisitos:
Xubilación
•
Ter cumprido os 65 anos.
• Residir legalmente no Estado español, vivindo 10 anos, polo
menos, entre a data na que o solicitante cumprise os 16 anos e a da
solicitude da pensión, tendo que ser dous deses anos consecutivos
e imediatamente anteriores a data da solicitude.
Invalidez
non contributiva
•
Ser maior de 18 anos e menor de 65 anos.
• Residir legalmente no Estado español, vivindo nel cinco
anos, polo menos, tendo que ser dous deses anos consecutivos e imediatamente
anteriores á data da solicitude.
• Ter unha minusvalía ou enfermidade crónica, en grao
igual ou superior ao 65%. Carecer de rendas ou ingresos suficientes.
No
noso país a xestión das pensións non contributivas
correspóndelle a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
Xunta de Galiza.
ASISTENCIA
SANITARIA
Asistencia
sanitaria para traballadores retornados
Terán
dereito á asistencia sanitaria aqueles/as emigrantes retornados/as
que cumpran os requisitos necesários para poder optar ao subsidio
de emigrante retornado.
Os
emigrantes retornados dos países do Espazo Económico
Europeo e que teñan dereiro a prestación por desemprego
deben achegar os formularios comunitarios E-119 e E-301, que lles
da dereito a exportar ao Estado español a prestación
por desemprego e a asistencia sanitaria durante o cobro desta pensión.
Para
aqueles/as emigrantes retornados/as que non tivesen dereito ás
prestacións de asisténcia sanitária de acordo
coas disposicións da Seguridade Social, do país de procedéncia
ou dos convenios que poidesen estar estabelecidos para o efecto, poderá
acollerse ao convenio especial en matéria sanitária
para emigrantes retornados/as, previo pago da cota fixada ao efecto.
Asistencia
sanitaria para emigrantes pensionistas
Cando
un/unha emigrante retornado/a pensionista, aínda que cobre
unha pequena cantidade da Seguridade Social, ten dereito a receber
a asistencia sanitaria coma pensionista. Tendo só que comunicarllo
ao Instituto Nacional da Seguridade Social.
O
emigrante retornado que perciba unha pensión dun país
do Espazo Económico Europeo, debera traer o formulario E-121,
que llo facilitará o país do que é pensionista
e o presentará no Instituto Nacional da Seguridade Social,
INSS.
No
caso de precibir a súa pensión de Suíza ao retornar,
terían dúas posibilidades ou pode optar subscribir un
convenio especial en materia de asistencia sanitaria coa Tesourería
da Seguridade Social ou solicitar a algunha das caixas de enfermidade
Suiza un formulario E-121 para a cobertura de dita prestación.
Asistencia
sanitaria a poboación sen recursos
Todos/as
emigrantes retornados/as que fixen a sua residencia no Estado español
e carezan de recursos económicos suficientes, entendendo como
tales, as persoas cuxas rendas sexan inferiores ao salário
mínimo interprofesional, poderán solicitar a tarxeta
sanitaria para poboación sen recursos. Deberanse dirixir ao
centro de saúde máis próximo ou á delegación
provincial do Servizo Galego de Saúde.
EDUCACIÓN
Homologación
de títulos e estudos non universitarios
A
homologación de títulos, diplomas ou estudos cursados
conforme aos sistemas educativos estranxeiros polo títulos
equivalentes de nivel non universitario é o recoñecemento
da súa validez no Estado español.
O
tramite iniciase no Ministerio de Educación e Ciencia en Madrid
ou nas Subdelegacións do Goberno.
Convalidación
de títulos e estudos non universitarios
A
convalidación de estudos estranxeiros por cursos de educación
non universitaria supón a declaración da súa
equivalencia cos correspondentes de aquí, aos efectos de continuar
nun centro docente.
Os/as
alumnos/as procedentes dun sistema educativo extranxeiro, que desexen
incorporarse a algún dos seis cursos do educación primaria
ou até cuarto do ensino secundario obrigatorio, non deben realizar
ningún trámite de convalidacón de estudos.
Homologación
de títulos superiores universitarios
A
homologación supón o recoñecemento da equivalencia
dun título estranxeiro respecto dun determinado título
oficial vixente e supón o recoñecemento dos efectos
profesionais inerentes ao título.
O
tramite iniciase no Ministerio de Educación e Ciencia en Madrid
ou nas Subdelegacións do Goberno.
Convalidación
parcial de estudos universitarios
Os
rectores das universidades teñen atribuída a competencia
para convalidar os estudos parciais realizados en centros académicos
no estranxeiro cando non finalizaron na obtención dun grao
ou título. Tamén cando se denegou a homologación
do título polo Ministerio de Educación e Ciencia, sempre
e cando a resolución denegatoria indique expresamente tal posibilidade
de convalidación parcial.
A
convalidación de estudos extranxeiros por estudos universitarios
parciais, corresponde á universidade galega na que o interesado
desexe proseguir estudos, de acordo cos cirterios fixados polo Consello
de Coordinación Universitaria.
Os
efectos da convalidación son, con carácter xeral, estrictamente
académicos, pois permiten continuar os estudos no sistema educativo.
ENDEREZOS
E TELÉFONOS
Confederación
Intersindical Galega. Departamento de Migración
Santiago
R/ Miguel F. Caaveiro, 10. 15703. Santiago. Teléfono: 981 577074.
A
Coruña
Avda Alfonso Molina, s/n.6º.A Coruña. Teléfono:
981 131895.
Vigo
Avda Gregorio Espino. nº 47, baixo.36205.Vigo. Teléfono:
986 827970/1/2.
Dependencias
Provinciais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
A
Coruña
San Andrés ,162.3º
Teléfono: 981 217676
Lugo
R/ Río Neira, 14-21,baixo. 27003.Lugo
Teléfono: 982 284830
Ourense
Parque de San Lázaro,1. 4º andar.
32003.Ourense
Teléfono: 988 510321
Pontevedra
Avda Cánovas del Castillo,18, 4º andar.
36202.Vigo
Tléfono: 986 430600 ou 222477
Enderezos
electrónicos
Confederación
Intersindical Galega: www.galizacig.com
Secretaria
Xeral de Emigración: www.galiciaaberta.com
Vicepresidencia
da Igualdade e do Benestar: www.benestargaliza.org
Secretaria
de Estado de Inmigración e Emigración: www.ciudadaniaexterior.mtas.es
Ministerio
de Xustiza: www.mju.es
Ministerio
de Educación e Ciencia: www.mec.es