![]() |
Intitucións patrióticas da emigración |
|||
Solidaridade Galega Antifascista A presenza en Valencia -durante a Guerra Civil- dos máis altos cargos institucionais do republicanismo galego impulsa a Castelao e Ramón Suárez Picallo a organizar a todas as forzas patrióticas nunha entidade que exercese a representación política de Galicia. É así como nace nos salóns do café “Vodka” a fundación de Solidaridade Galega Antifascista coa participación de socialistas, republicanos e galeguistas. Durante a realización da asemblea de constitución a candidatura pola presidencia desta recae en Pedro Longueira (socialista) quen lle gaña por poucos votos ao propio Castelao. Mentres
que Luís Soto é elexido Secretario Xeral. Entre os máis
destacados membros de Solidariedade estaban: Marcial Fernández,
Director de Carabineros; Osorio Tafall, Comisario Xeneral do exército;
Otero Espasandín, escritor; Arturo Cuadrado, escritor; Elixio
Rodríguez, aviador; Rafael Dieste, escritor, Amparo Alvajar,
escritora; Rey Baltar, médico; Florencio Delgado Gurriarán,
Roxelio Rodriguez de Bretaña, Ramón Cabanillas (fillo),
Johán López Durá, Serafín Ferro, Andres
Valín, Horacio Casas, Carlos Tomé, Xoán Pla,
Ramón de Valenzuela, Portela Valladares etc.
|
![]() |
||
Luis
Soto Secretario Xeral de "Solidariedade Galega Antifascista",
falando nun acto nunha viaxe a Cuba. |
|||