Intitucións patrióticas da emigración


Irrmandade Galega

Ao pouco tempo de chegar Castelao a Bos Aires impulsa a fundación da Irmandade Galega. O máximo “guieiro” do galeguismo consideraba que habendo unha ditadura no Estado español non era necesario recrear o Partido Galeguista, xa que para el os partidos eran para épocas electorais. Polo devandito motivo impulsa unha entidade de carácter político-cultural co fin de aglutinar as distintas correntes do galeguismo. É así como se incorporan os ex integrantes da Sociedade Nacionalista Galega Pondal, os ex integrantes da Peña Céltiga e outros galeguistas que pertencían a partidos republicanos, como o caso de Elpidio Villaverde.

Na longa historia asociativa a Irmandade tivo destacados presidentes entre eles: Daniel Calzado Poceiro, Manuel Puente, Rodolfo Prada, Miguel García Anceráns, Benito Cupeiro, Ramón Rey Baltar, Fiz Fernández, Alfonso F. Prol, Antón Represas, Luis Guede, etc. Podemos citar entre os seus afiliados a: Castelao, José Abraira, Núñez Búa, Avelino Díaz, Emilio Pita, Da Presa, Bernardo Souto, José Ares Miramonte, Colmeiro, Luís Seoane, Suárez Picallo, Alonso Ríos. Na súa derradeira etapa foi secretario desta entidade o actual sindicalista Manuel Mera.

A Irmandade Galega tiña como voceiro oficial A Nosa Terra, xornal que se editara en Galiza ata 1936.

Á calor da creación da Irmande Galega de Bos Aires créanse delegacións noutras partes da Arxentina e noutros países.

 
 
Acto da Irmandade Galega en Bos Aires.
   
       
   
     
 
Tarxeta da Irmandade Galega e edición de "Noite i-Amañecer de Galiza", Bos Aires 1942.
 
     
       
           
   
Acto galeguista, aniversario da República.