![]() |
Intitucións patrióticas da emigración |
|||
Galeuzca no exilio
O 17 de outubro de 1944 publicouse en París un manifesto dando conta a reaparición de Galeuzca no exilio. O histórico documento ía asinado por José Aguirre, Presidente do Goberno de Euscadi, Carlos Pi Sunyer, Presidente do Consell Nacional de Catalunya, e Afonso Daniel Castelao, Presidente do Consello de Galiza. A declaración de constitución dicía entre outras cousas:
“...Catalunya, Euzkadi e Galiza (Galeuzca), pobos vinculados polo
afecto e o interese común, conviñeron un firme pacto
de unión, segundo o seu espírito respectivo, con solidariedade
de propósitos e de fins comúns de democracia e liberdade
nacional. Estas finalidades serán cumpridas mediante a máis
eficaz organización interior e exterior, dos medios que desenvolvan
coordinadamente cantos medios dispoñan os seus gobernos, organizacións
e pobos”. A pesar de que o documento de constitución se deu a coñecer en París, será Bos Aires o centro de actividades de Galeuzca. A partir do acordo de constitución comezaranse a organizar delegacións en distintos puntos do exilio; incluso se realizou unha reunión clandestina en Catalunya o 25 de outubro de 1945. O entusiasmo creado pola constitución de Galeuzca e a potencialidade que amosaba a unión de cataláns, vascos e galegos, foron creando a necesidade de ir pensando en ter un órgano xornalístico desta organización unitaria. É así como nace a revista Galeuzca, en agosto de 1945, e da cal se editaron 12 números ata xullo de 1946. |
![]() |
||