![]() |
Intitucións patrióticas da emigración |
|||||
Consello de Galiza O 15 de novembro de 1944 fúndase en Montevideo o Consello de Galiza. A súa acta de constitución foi asinada polos catro deputados galegos: Castelao, Elpidio Villaverde, Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. O Consello tivo como obxectivo a representación da legalidade expresada polo pobo galego a través do recoñecemento da súa autonomía. Este organismo mantiña a representación legal dos deputados que foran elixidos nas últimas eleccións a Cortes en 1936. Ante a inminente caída de Alemaña, que traería como consecuencia un goberno democrático para o Estado español, os galeguistas impulsan a creación deste organismo de representación política. Os galeguistas, conxuntamente con vascos e cataláns, preparaban os seus gobernos nacionais.
|
![]() |
||||
Deputados
vascos, cataláns e galegos no exilio, reunidos baixo a presidencia
de Castelao en Montevideo nunha homenaxe ao Consello de Galiza, 1945. |
|||||
![]() |
![]() |
||||
Alonso
Ríos. |
|||||
![]() |
|||||
Alfonso
Castelao. |
|||||
![]() |
|||||
Ramón
Súarez Picallo. |
|||||
Elpidio
Villaverde. |
|||||
![]() |
|||||