Escolas da filantropía particular
 

 

Escola San José de Ribarteme

A fundación Escuela de San José de Ribarteme foi instituida por testamento de D. Francisco Araujo Cuntín, dado na Cidade dos Reis (hoxe Lima, Perú) un 27 de xaneiro de 1722. Deixara por escrito a súa intención de crear unha escola de primeiras letras no lugar de Pedriñas de Cotodelos, na parroquia de Santiago de Ribarteme, no concello das Neves.

Nese testamento aparecen especificados os seguintes puntos:

• Mercar unha serie de propiedades sobre as que dar unha certa cantidade de diñeiro a favor da obra pía de creación dunha escola para ensinar a nenos a ler, escribir e contar.

• Construcción dunha capilla situada moi preto da escola e na que se coloquen imaxes da Nosa Señora de Belén, San Francisco de Asís e San Francisco Javier. Nesta capilla o mestre tiña a obriga de ensinar aos nenos e facer que orasen cada día.

O edificio, rehabilitado recentemente acolle actividades relacionadas co desenvolvemento rural

 
     
A escola. Hoxe local de desenvolvemento rural