Escolas da filantropía particular
 

 

Escola e Local Sindical. Padróns. Ponteareas

Existe no edificio unha placa colocada polos veciños en 1916 salienta a xenerosidade dos doantes: “Gratitud eterna a los hermanos José Benito y Generoso Barcia que hicieron llegar hasta nuestros breñales la cultura representada por esta escuela. El Sindicato Agrícola. 1 de Enero MCMXVI”

En 1913 os irmáns José Benito e Generoso Barcia Boente, emigrados a Iquitos, Perú, mandaron edificar un local onde se instalou o Sindicato Agrícola de Padróns e ao tempo, unha escola con senllas aulas de nenas e nenos que funcionou baixo o patrocinio de ambos irmáns até mediada a década dos trinta. Chegada ea altura, o 7 de xuño de 1935, Generoso Boente creou unha fundación benéfico-docente denominada “hermanos Barcia”, administrada por unha xunta de padroado presidida por Manuel Piñeiro Groba, con amplas facultades sobre os destinos daquela e que tiña como fin atender a conservacion e mellora do edificio escolar. Este debía continuar como escola con aulas para nenos e nenas “ sometida a “la inspección y tutela del ministerio de Instrucción pública” e tamén como sede do Sindicato Agrícola de Padróns, “a quien se faculta para que realice en él las obras y mejoras que juzguen convenientes”.

Os irmáns Barcia Boente eran donos dunha inmensa facenda situada entre ambas ribeiras do río Tapiche e dividíronas en catro provincias ás que nomearon como as catro provincias galegas. Centos de homes saían da “Pontevedra Amazónica” para traballar en plena selva e remolcar o caucho, axudados por indios expertos en cruzar pongos e ríos de mil xorgas e bifurcacións.

 

 
         
     
A escola. Hoxe local social da parroquia
 
Outra vista da antiga escola