Escolas da filantropía particular
 

 

Colexio da Inmaculada Concepción. Marín


Narciso Orelo García veu nacer no 1815. Tras facer fortuna na Arxentina, tronou a súa vila mariñense na que dedicou gran parte da súa riqueza persoal e económica no levantamento dunha escola de “señoritas”. Sería e foi un gran centro de ensino gratuito para alumnas de curta idade. O proxecto non era seu, senón do cardenal Martín de Herrera, que conseguiu aglutinar todalas forzas posibles para que no 1900 abrise as súas portas o “Colegio de la Inmaculada Concepción” coma un proxecto de promoción do ensino primario, parcialmente gratuito, xa que mantíñase polas achegas das alumnas de pago e das vendas dos productos da finca e hortas pertencentes ao cardenal e as relixiosas “Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl”
Á súa morte no 1894, Narciso Orelo García, como filántropo de Marín, non só deixara esta escola, senon outras institucións.

 
         
 
 
Estado actual do edificio da escola