Escolas da filantropía particular
 

 

“O Colexio” San Miguel de Duxame, Vila de Cruces

A escola de primeiras letras establecida na parroquia cruceña de San Miguel de Duxame foi fundada o 4 de xullo de 1620 por Andrés Otero Bermúdez, irmán de Domingo Antonio, xeneral virrei das Indias. A el se lle atribúe o mandato de construir un establecemento escolar. Este, que aínda se conserva na actualidade, malia o seu estado ruinoso foi coñecido dende sempre como “o colexio”.

A fundación nutríase dos beneficios que rendía o capital “que había sido mandado por el referido general Sr. Otero a su hermano Andrés” depositándoo no Banco de San Carlos de Madrid e na Compañía Arrendataria de Tabacos de Filipinas, que servía para o seu mantemento. Os réditos cubrían o salario do mestre “y además material para la escuela”, até o ano 1858. Logo, continuaron enviando tan só para o pago de material, tendo que pechar o local por falta de recursos contra 1870. Cara 1920 este foi vendido polo descendente de Andrés Otero, Ramón Otero Colón, conde de Turnes.

A familia Otero Bermúdez dixou mostras da súa actividade benéfica a través doutros legados. Así, a igrexa parroquial foi custeada a mediados do século XVIII por Domingo Otero Bermúdez, fillo ilustre e gran benefeitor da parroquia, quen fora gobernador de Manila, aparece relacionado cunha doazón de roupas para esa igrexa en 1791.

Ademáis desta, existiu outra fundación que data de 1699 malia non conservarse xa o edificio. Corresponde a Antonio Ramos del Soto, radicado no Vicerreinato de Nueva España, en Mexico, creador da escola de nenos na parroquia de San Pedro de Salgueiros.

Fonte: Xosé M. Malheiro Gutiérrez.

 
         
 
Estado ruinoso do edificio, hoxe