Escolas da filantropía particular
 

 

Grupo escolar de Santa Xusta. Moraña

Foi mandado edificar por Manuel Blanco no lugar de Rial, parroquia de Santa Xusta, concello de Moraña. Comezou sendo unha escola de primeiras letras. En 1792 Manuel Blanco, residente en Nueva Guatemala de la Asunción, mandou construir unha escola para nenos onde ensinarían a ler, escribir e contar baixo os auspicios da Noble Real Sociedad de Santiago. Debía contratarse un mestre culto que foxe un claro exemplo na sociedade, “se ha de cuidar y celar siempre por los interventores que con motivo alguno, no mande, no moleste a los niños ni a sus padres ni a sus madres, ni puede cobrar ni recibir con pretexto alguno monedas, frutos ni obsequios, en especial de los huerfanos o pobres a quienes se ha de tratar siempre como tales, con la caridad y benevolencia su propia miseria y horfandad en la Ley de Jesucristo Nuesto Señor”.

A financiación era a través de accións que o filántropo deixara depositados no banco. A súa inauguración foi en 1796 e funcionou ata 1823 por mor dun incendio no interior do arquivo municipal, no que se destruíron todolos documentos. En 1894 o Padroado recupera o capital e reiníciase a actividade docente. Hoxe o edificio está en ruínas.

Fonte: Xosé M. Malheiro Gutiérrez.

 
         
 
O edificio hoxe en estado ruinoso