![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||
Escolas
da filantropía particular |
|||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||
Escola da Fundación Peirópolis. Estás. Tomiño Escola de ensino primario, na parroquia de Estás no concello de Tomiño. Foi promovida por Abdón Alonso Alonso, emigrante no Brasil a través da Fundación Peirópolis. Abdón nacera en Estás aló polo ano 1874. Emigrou a Brasil en1880 onde se iniciou en diversos traballos en Ribeirao Preto e máis adiante en Peirópolis, no estado de Minas Gerais. Fixo a súa fortuna cultivando arroz, gando e traballando as minas de cal. Abdón ordeou levantar o edificio escolar en terreos da súa propiedade, uns que estaban na mismiña beira do río Miño. O edificio segue a manter a súa actividade inicial albergando un centro de ensino infantil. Non só quedou neste intre a actividade filantrópica de Abdón Alonso, senón que contribuíu cun importante donativo a Sociedade Aurora del Porvenir para erixir en Tomiño ao mesmo tempo unha escola e outra cun orfanato na mesma cidade brasileira onde residía, Peirópolis. Fonte. Xosé M. Malheiro Gutiérrez
|
|||||||||||||||||||||||||||
|