Escolas da filantropía particular
 

 

Escola de Barcia. Lalín

A escola de Barcia creouse nos anos vinte grazas a iniciativa conxunta de Marcelino Otero González e Manuel Ramos Ramos. O primeiro, emigrado na Arxentina e membro da Sociedade Hijos del Partido de Lalín, doou o capital necesario para construir o edificio “cuyo costo pasa de cincuenta mil pesetas y pensó dotarla con ciento cincuentamil pesetas más”. O segundo, tamén veciño de Barcia, cedeu o terreo onde se sitúa o inmoble, e os veciños desa parroquia, xunto cos de Anseán, realizaron diversos traballos alentados pola promesa de obter un gran edificio escolar. O edificio, que consta de dous andares, ademáis das instalacións escolares, conta tamén con vivenda para o mestre e co privilexiado contorno da súa centenaria carballeira.

As influencias negativas que o cura de Barcia exerceu entre as xents dar provocaron que o benefeitor emigrado abandonara decepcionado o proxecto a finais de 1923: “ Siento el desdichado fin de la idea que acaricié, tanto por la natural amargura que esto tiene que causarme, como por no haber logrado que ustedes, queridos convecinos, hayan llegado a ver que el interés y el trabajo con que todos ayudaron, fuese justamente premiado con los beneficios de la enseñanza que todos ansiábamos”. Marcelino Otero deixa a obra en mas dos veciños para que así poidan eles inauguralo a tempo, como así foi. Pechouse definitivamente no ano 1972. En 1978, 58 veciños da parroquia xestionaron a sñua compra mediante unha subscripción popular, converténdoo dende ese momento en local sociocultural da parroquia.

Fonte: Xosé M. Malheiro Gutiérrez

 
         
     
Estado actual do edificio da escola