![]() |
||||||||||||||||||||||||||||
Escolas
fundadas polas Sociedades da Emigración |
||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||
Cooperativa Rural Escolar aneja a la nacional de niños Co
apoio económico da sociedade de Bos Aires “Fomento de Porriño
y su Distrito” o mestre Luis Carragal Peón desenvolveu en Budiño,
no concello de o Porriño a Cooperativa Agrícola Escolar
de Budiño, entre os anos 1932 e 1936. Mentres os nenos aprendían
a ler e escribir, gozaban das ensinanzas dos coidados vexetais nas
87 hectáreas de xardíns e fincas. Os nenos, como segue a dicir o profesor, “van a la escuela no sólo a repetir la lección fría de los textos, sino también a enfrentarse con las lecciones palpitantes de la naturaleza, a emocionarse ante el milagro cósmico de una semilla en cuya entraña diminuta están contenidos en potencia todos los graneros del mundo”. O sistema de financiamento para manter a escola aberta foi a cooperativa: cada neno adquiría a súa condición de socio mercando unha acción de tres pesetas. Isto dáballes dereito a recibir semente seleccionada, prantas e abonos químicos a un prezo especial; a participaren nas ganancias obtidas na venda dos productos, e a acollerse aos descontos que determinados comerciantes facían aos membros da Cooperativa. O éxito provocou a extensión temática da escola creando un taller de apicultura, outro de avicultura e o de cunicultura. A experiencia desenvolvida por Luis Carragal Peón, que rematou ao iniciarse a Guerra Civil, suscitou un notable interese no seu tempo, gozou do recoñecemento de diversas instancias oficiais durante os gobernos da Segunda República, e foi obxecto de numerosas visitas e premios. O comezo da guerra civil foi o comezo da súa fin. Nembargantes as escolas de Galicia colleron no futuro as mellores ideas pedagóxicas do Mestre Carragal Peón.
|
|