Entidades culturais


Emisións radiofónicas galegas en Arxentina

Desde que a radio se converteu no vínculo máis popular de comunicación moitos foron os programas de radio que se fundaron para chegar ao conxunto da poboación tan dispersa da Arxentina.

A Hora Iberoamericana foi fundada por Manuel Núñez Búa en 1932. Contaba coa colaboración de Tacholas e era emitida pola Radio del Pueblo. O 5 de agosto de 1945 Maruja Boga funda o programa radiofónico Recor-dando Galicia en Radio Rivadavia. Seguramente esta audición de radio fose a máis emblemática de toda a historia da radiodifusión da emigración galega. Contaba coa colaboración de Alfredo Aróstegui e Enrique Alfredo González.

Outra das emisións era La Voz de Galicia, que dirixía Fernando Iglesias Tacholas en 1953, e que contaba co apoio de Eduardo Blanco Amor. Galicia Emigrante iniciouse en outubro de 1954 por Radio Libertad e foi fundada por Luís Seoane, co auspicio de Vázquez Iglesias. Galicia en el aire inaugurarouse o 15 de marzo de 1958, dirixida polo xornalista galego Andrés Rodríguez Bar-beito, co auspicio do industrial José Ramallo.

Posteriormente, ducias de programas emitiron as súas audicións para unha colectividade que converteu a radio no seu medio de comunicación preferido.

 
Castelao no programa radiofónico Recordando a Galicia.
 
   
   
   
Emisión radiofónica dirixida por Maruja Villanueva.
 
La Hora Gallega, da radio Patria de Bos Aires. José Rodríguez de Vicente “Joselín” inaugurando a emisión que el dirixe.
 
Recordando Galicia. Maruja Boga, Alfredo Aróstegui, Enrique González e Tacholas, ano 1951.
   
Avelino Díaz falando no programa radial "Recordando a Galicia", dirixida por Maruja Boga, 1947.
 
     
Audición "Recordando a Galicia" co poeta Avelino Díaz parte do coro "Terra Nosa do Centro Ourensán" acordeonistas Moreira, e gaiteiros Dopazo. Maruja Boga, A. Arósteguy, Tacholas, ano 1947.