![]() |
Entidades culturais |
||||||
Orfeóns e coros galegos-Arxentina Seguindo
a vella tradición coral de Galiza, naceron a fins do século
XIX na Arxentina diversos orfeóns e coros. Nos anos trinta nacerán unha chea de masas corais; as máis destacadas foron: Coro Lembranzas de Ultreya, fundado en 1932, Os Rumorosos do Centro Betanzos fundado en 1933, sendo o seu director Prieto Marcos. O coro Rosalía de Castro, fundado en 1937, estivo dirixido por Antonio Maceira. No súa última etapa estivo baixo a tutela do Centro Pontevedrés. A coral Terra Nosa foi fundada en 1946 por Antonio Comesaña co patrocinio do Centro Ourensán. O coro Pascual Veiga do Centro Galego de Avellaneda fundouse en 1950. O coro Curros Enríquez da Federación de Sociedades Galegas naceu en 1951. E Airiños de Vigo, no ano 1952. O coro Residentes de Vigo foi fundado por esta entidade o 8 de maio de 1953, baixo a dirección de Julio Anta. O coro Brétemas e Raiolas fundouse o 11 de xuño de 1953, co auspicio do Centro Coruñés. Dunha escisión, dá lugar ao nacemento co Coro Breogán. |
![]() |
|||||
Orfeón
Galego, ano 1921. |
||||||
![]() |
||||||
![]() |
||||||
Orquesta
Celta, dirixida por Barreiro, Bos Aires 1926. |
||||||
![]() |
||||||
Avelino
Pazos. |
||||||
Coro
Ultreia, ano 1934. |
||||||
![]() |
||||||
Coro
Brétamas e Raiolas, do Centro Betanzos. |
||||||
![]() |
||||||
Coro
da Federación de Sociedades Galegas. |
||||||
![]() |
||||||
Coro
Breogán, ano 1958. |
||||||