Entidades culturais |
||||||
A Rianxeira/ Ángel Romero Lojo Romero Lojo iniciouse como compoñente da banda de música de Rianxo, participando da rondalla do seu lugar. Nos anos trinta emigrou á Arxentina, onde casou coa súa paisana Concepción. En Bos Aires dedicouse ao comercio e nos momentos libres integraba orquestras de jazz ou de música galega. Foi fundador e director do Coro Social da Sociedade de Rianxo, que posteriormente se chamaría Castelao. En Bos Aires coñeceu a Jesús Frieiro Dourado “O Pinciñas”, tamén de Rianxo, quen tiña sona de ser un bo letrista. Concepción, a muller de Romero Lojo, conta a verdadeira historia da Rianxeira: “O meu home era por aqueles anos presidente da Sociedade Parroquias Unidas do Concello de Rianxo en Bos Aires, tiñamos a sede nos locais do Centro Betanzos. Tanto Anxo Romero coma min eramos galeguistas, formabamos parte das Irmandades Galegas (Partido Galeguista). Con Castelao uníanos unha grande amizade e agarimo, eramos veciños de Rianxo, nós tiñamos moita amizade coa súa familia, especialmente con Manuel Rodríguez Castelao e Sixto Aguirre asasinados en 1937. Unha tarde nunha xuntanza do Centro Rianxo o meu home proponlle a “Pinciñas” e á directiva preparar unha canción para recibir a Castelao no porto de Bos Aires. Todos aceptaron a idea. Na directiva falouse de como podería ser a canción. Se triste, se leda... E chegaron á conclusión de que tiña que ser representativa de Rianxo, da súa terra natal, onde a virxe de Guadalupe, patrona da nosa vila, fose o tema central da canción. Así foi como naceu “Ondiñas da nosa ría” como a bautizamos en Bos Aires”. |
||||||
Quinteto,
“Ondiñas da nosa ría”. |
||||||
Xesús
Freiro Dourado, Pinciñas. |
||||||
Partitura
Ondiñas da nosa ría. |
||||||
Sociedade
de Parroquias Unidas do Concello de Rianxo. O primeiro sentado pola
dereita Ángel Romero Lojo. |
||||||