Ybarra y compañía

Fundada mediados do seculo XIX en Sevilla para servizos de cabotaxe de mediano desprazamento na península ibérica. Nos comezos do século XX a Compañía Ybarra tíña en servizo 24 buques, sendo polo número de unidades a terceira de España, despois da Trasmediterránea, e a Compañía Naviera Sota y Aznar. Ybarra ademais mantía a líña regular Mediterráneo ao Río da Prata, con tres magníficos trasatlánticos, propulsados a motor, dunhas 15.000 toneladas e de nova construcción: o Cabo San Antonio, o Cabo San Agustín e o Cabo Santo Tomé. As tres motonaves perdéronse por distintas causas durante o periodo de entreguerras, e seis máis concretamente na guerra civil. A Cía. Ybarra perdera polo tanto todos os seus buques trasatlánticos, e para seguir dando servizo na ruta do Plata tivo que mercar decontado dous vellos liners á American President Lines, aos que rebautizou cos nomes de Cabo de Hornos e Cabo de Buena Esperanza. Dende os anos 50 a empresa foi cubrindo novas rutas de transporte de mercadorías como Antartida, Asia… e tamén atendendo a demanda turística con cruceiros.
No 2005 a Compañía alemá Hamburg-Süd fisoxe cargo da empresa pasandose a chamar Ybarra Sud.

CABO DE HORNOS
Formaba parte dunha serie de 16 barcos, conxuntamente co "Cabo de Buena Esperanza". Cunha capacidade para 560 pasaxeiros, tiña 163,1 metros de eslora e 20 de manga. Saíu ao mar o 4 de agosto de 1920 en Camden, EEUU, co nome de "Empire State", logo pasou a chamarse "President Wilson" no ano seguinte e "Maria Pipa" no 1940 cando mercarao Ybarra para a líña do Río da Prata, na que serviu ata o seu despiece no 1959.
CABO SAN AGUSTÏN
Construido en Bilbao no 1931, foi empregado por Ybarra nas súas líñas cos portos de Montevideo e Bos Aires, era xemelgo do Cabo San Antonio. Gozaba da capacidade para 520 pasaxeiros. Foi incautado pola mariña mercante rusa e encomendado ao transporte de mercadoría bélica durante a II Guerra Mundial nos portos de Feodosia, Odessa y Novorosisk. Afundiuse pola frota alemá no Mar Negro.
CABO SAN VICENTE
Foi construido co número 76 nos asteleiros da Sociedade Española de Construcción Naval na factoría de Bilbao. Botóuse o 6 de outubro de 1956. Na decoración do seu interior participou o arquitecto xenovés Gustavo Pulitzer, afamado mundialmente polos seus traballos nos principais transatlánticos italianos e norteamericanos da época. Cubría a ruta de pasaxeiros con emigrantes principalmente portugueses e españois, entre Xénova e Bos Aires con escalas intermedias en Barcelona e Santa Cruz de Tenerife. Nos anos 60 pasou a ser un cruceiro de turistas para navegar polo mar Caribe. No 1973 fai a súa primeira viaxe á Antártida e Illas Malvinas con carácter turístico. Foi despezado no anos 80 tras seres vendido a outra compañía navieira.