Société Générale des Transports Maritimes à Vapeur

A Société Générale des Transports Maritimes à Vapeur (SGTM) fundouse o 18 de marzo de 1865 polo tesón de Paulin Talabot, un empresaio que comerciaba co transporte de materias primas das minerías africanas. Os primeiros navíos en servizo foron os Touareg, o Numidie, o Marocain, ou o Dauphine, entre outros. En 1867 comezou a servir a pasaxeiros ata os portos de Brasil e Arxentina con barcos como o Borgoña, o Poitou, o Picardie ou La France. Achegándonos ao novo século foi ampliando a súa frota con novas saídas cara América dende Marsella, Barcelona ou varios portos italianos. A masiva achega de emigrantes a estes portos fortaleceu as rutas transoceánicas da compañía con navíos como o Paraná, o Salta, o France, o Pampa, o Provence ou o Mont-Cervin.
Na primeira guerra mundial o goberno francés requisou varios navíos, pero foi ampliando rutas: primeiro cara o Caribe no 1915, e despois ata New Orleáns e México no 1916. Rematada a guerra construiron unha nova serie de navíos (Mendoza, Florida, Campana, Alsina) de pasaxeiros que converteron a compañía nunha das máis importantes de Francia, seguido da Messageries Maritimes.
Nos anos trinta xa dispuña de barcos de alta velocidade para cubrir a ruta sudamericana, a máis de navíos mixtos e os exclusivamente de carga. Despois dun duro período de crise nos anos corenta, a compañía apostou polos buques Bretagne e Provence como barcos de luxo para pasaxeiros de cruceiro en ruta Marsella, Barcelona, Dacar, Salvador, Río de Janeiro, Santos, Montevideo e Bos Aires. Este foi un servizo que durou toda a década dos 50 ata que a compañía foi vendida á Compagnie de Navigation Fraissinet no 1960.

BRETAGNE
Era o navío xemelgo do Provence. Foi lanzado ao mar en xullo de 1951 inaugurando a sú ruta de Marsella, Xénova, Nápoles, Barcelona, Dacar e varios portos de Brasil, Arxentina e Uruguai. 176 metros de longo, podía transportar preto de dúas mil persoas, incluíndo emigrantes. En 1961 foi vendido ao armador grego Chandris Lines quen o empregou para o transporte de emigrantes cara Grecia e Australia.
CAMPANA
Coa liña dende Marsella ata Bos Aires, realizou a súa viaxe inaugural no mesmo ano da súa botadura, no 1929. Con 160 metros de longo podía transportar ata mil emigrantes fronte a preto de catrocentos pasaxeiros das tres clases principais. Na segunda guerra mundial foi apresado polo goberno arxentino e modou de nome, Rio Jachal, facendo tarefas militares para o estado. En 1946 foi devolto a compañía e rebautizado como Campana. Foi demolido no 1983.
FLORIDA
Cubría a ruta dende Xénova ata Bos Aires, con escala en Río de Janeiro e Santos dende 1926. Tiña 150 metros de longo e 9331 toneladas para case que 700 pasaxeiros, incluidos emigrantes. No 1931 chocou cun portavións británico no porto de Málaga, e no 1942 foi bombardeado polo exército alemán. Dende os anos 50 empregóuse exclusivamente para a ruta entre Marsella e Marrocos.

FORMOSA
Transatlántico construido no 1906 para a compañía como buque bandeira na ruta entre Marsella e Bos Aires, con escala en portos brasileiros e arxentinos. Foi demolido en 1929.

MENDOZA
Flamante transatlántico de pasaxeiros de case nove mil toneladas e 150 metros de longo. En 1920 comezou seus servizos entre Marsella e Arxentina e Brasil transportando pasaxeiros de toda clase, incluíndose emigrantes. Na segunda guerra mundial foi apresado e emregado como buque auxiliar de guerra para os británicos, e finalmente torpedeado polos alemáns, afundíndose no sur de Africa.
PAMPA
Foi un dos buques máis coñecidos entre a clase emigrante. Achegou moitos italianos ata o novo mundo dende a súa botadura no 1906. Tivo unha corta vida grazas aos submarinos alemáns que o afundiron no ano 1917 preto da illa de Malta.
PARANÁ
Construíuse en 1908 como buque de pasaxeiros transoceánico. Tiña 6800 toneladas e foi incorporado á compañía no 1913 como un dos maiores buques transatlánticos do mundo. Foi torpedeado e afundidopor un submarino alemán en costas gregas no 1917.
SALTA
Construíuse no 1911 con 137 metros de longo e 7728 toneladas, era un dos maiores buques que servía a liña cara América do sur. En 1914 foi capturado polas tropas británicas e convertido en navío hospital.En 1917 chocou no porto francés de Le Havre cunha mina dunha bombardero alemá e afundiu en cuestións de minutos.
VALDIVIA
Foi un dos navíos que a compañía empregaba para a liña rápida Marsella, Dacar, Brasil e Río da Prata. Construído no 1911 con 132 metros de longo e 7168 toneladas, e demolido no 1933 trasnportaba principalmente pasaxeiros de primeria clase.