Pinillos, Izquierdo y Cía

A armadora española Pinillos, Izquierdo y Cía foi fundada en Barcelona en 1884 por Antonio Martinez Pinillos e Izquierdo para establecer unha liña comercial dende Barcelona coas illas Canarias e as que por entón aínda eran posesións da coroa española, Porto Rico e Cuba. En 1895 aproveitando a envergadura política creou unha nova liña coas illas Filipinas que durou ata a independencia destas tres anos despois.
En 1908 a compañía estableceu un servizo regular de carga e pasaxeiros co Río da Prata e Brasil cos navíos Barcelona e Cádiz. Co éxito desta liña para poder atender a emigración, a compañía encargou no estaleiro escocés Russell & Co. Dous navíos máis, o Infanta Isabel e o Príncipe de Asturias.
Durante a primeira guerra mundial e por mor da neutralidade española no conflicto, proseguía coas transaccións comerciais transatlánticas (A Habana, Cienfuegos, Nova Iorque, Galveston). A pesar disto, tres dos seus navíos máis importantes foron afundidos nestas rutas. En 1925, ante a continua perda de buques, rematou por vender a empresa a Compañía Oceánica de Barcelona.

INFANTA ISABEL
Foi construído en 1912 no estaleiro escocés de Russel & co. Acomodaba 144 pasaxeiros na primeira clase, 150 na segunda e preto de 2000 para o resto de terceira e emigrantes. Partía cada mes dende Barcelona facendo escala en Cádiz, As Palmas, Río de Janeiro, Santos, Bos Aires e Montevideo.
PRINCIPE DE ASTURIAS
Era o orgullo da compañía. Podía transportar preto de 3.000 pasaxeiros, incluíndo emigrantes. A súa viaxe inaugural foi o 15 de agosto de 1915 entre Barcelona e Bos Aires. O 5 de marzo de 1916 chocou contra unha ponte na illa de San Sebastián. O feito provocou o case afundimento do navío, 445 mortos e só 137 supervivientes.