Mala Real Inglesa

A Royal Mail Steam Packet Company (RMSPC) ou Mala Real Inglesa como era coñecida nas americas, foi fundada en Londres en 1839 por iniciativa de James MacQueen e comezou seus servizos cun contrato oficial para o transporte subsidiario de correo inglés cara as indias occidentais (Barbados, Trinidad e Tobago, Xamaica e maior cantidade de illas) alén dos países de América central. Ao comezo tiñan catorce navíos de 1800 a 1900 toneladas (Avon, Clyde, Dee, Isis, Forth, Medway, Medina…). Na ruta cara Suramérica comezouse co vapor Teviot con escalas en Lisboa, Tenerife, Madeira, Recife, Salvador e Río de Janeiro.
Co cambio de século sumáronse máis navíos a lista de buques da compañías nas rutas cara América: Nile, (1893), Aragon (1905), Danube (1894), Amazon (1906), Almanzora (1914)…
Na primeira década do século vinte e por iniciativa de Owen Philipps, presidente da compañía, a empresa espallouse adquirindo outras navieiras como Union Castle, Elder Dempster & Co., Moss Line, Nelson Line, etc..
Durante a primeira guerra mundial foron requisados moitos navíos da frota, máis a pesares de todalas mortes e barcos perdidos, a empresa converteuse nunha das empresas máis importantes transportando alimentos para unha desabastecida Europa afogada polo conflicto bélico.
Nos anos vinte e trinta rexurdiu o mercado de pasaxes transoceánicos. A especialización en barcos de luxo chegou a compañía cos buques Asturias e Alcántara nas rutas con Sudamérica. Trala gran depresión do ano 29 a empresa non foi allea á situación e pechou. Como aínda mantiña certas liñas, creóuse a Royal Mail Lines que contaría cos buues da Nelson Line e outras navieiras. Os servizos concentraronse no Caribe e en América do sur e do norte.
A segunda guerra mundial foi o detonante para o final dunha gran empresa navieira. O exército alemán afundiu nas costas europeas a meirande parte da frota.

ALCÁNTARA
ALMÁNZORA
AMAZON

ANDES

ARAGÓN
ARAGÓN
ARAGUAYA
ARLANZA
ARLANZA
ASTURIAS

AVÓN

DANUBE
LA DESNA
MAGDALENA
THAMES