Lloyd Sabaudo

A compañía fundouse en Turín no 1906 coa axuda económica de moitos socios incluído a familia real italiana e comezou traballando con pasaxeiros na ruta Xénova - Nova Iorque , con escalas en Palermo e Nápoles. No mesmo anos da sú inauguración como compañía navieira, comezaron tamén cas viaxes Xénova - Bos Aires. En 1912 a sede central mudouse de Turín a Xénova e en 1913 unha filial, a Marittima Italiana creouse para explotar os servicios para o Próximo Oriente, o mar rojo, África Oriental, a India e o Lonxano Oriente. Un novo servizo dende o mar Negro e o Mediterráneo Oriental cara os portos de Nova Iorque iniciouse en 1919, pero a intensa competencia doutras liñas causou de súpeto o abandono desta ruta. A compañía posuía tres buques para cubrir case que exclusivamente o cliente emigrante. Tamén contruríronse varios buques de luxo como o Conte Rosso ou o Conte Verde, que facía a ruta a Sudamérica. En 1919 inician o servizo Italia - Australia. A mediados dos anos vinte a empresa Lloyd Sabaudo tomou o control financieiro de Cosulich Line, Lloyd Triestino, Marittima Italiana e Líneas de Adria. Nesa mesma década encragan aos estaleiros británicos a creación dos buques Conte Biancamano e Conte Grande, buques que sobreviviron a segunda guerra mundial. En 1932 a industria navieira mundial coa depresión causou a fusión da Lloyd Sabaudo, Cosulich e Navigazione Generale Italiana constituíndose na nova sociedade a ITALIA.

CONTE BIANCAMANO Seu nome era unha homenaxe ao conde Humberto, fundador da dinastía dos Saboia, en torno ao ano 1000, entón o apelido da familia era o Biancamano. Veuse construir no 1925 nos estaleiros escoceses de William Beardmore & Co. en Glasgow. Cubría a ruta de Xénova e Napoles ata Nova Iorque. Foi adquirido pola compañía no 1932 e podía transportar ata case que 2700 emigrantes e 1000 pasaxeiros das tres clases comúns. Durante a segunda guerra mundial foi apresado polos Estados Unidos e empregarono como tranportador de tropas; mudaronlle o nome a USS Hermitage. No 1947 os americans devolveron o buque á compañía italiana recuperando seu primixenio nome. Conte Biancamano
Según contan algúns documentos da época no Conte Biancamano "a primeira clase era de un luxo digno dun castelo de condes
CONTE GRANDE Construido e lanzado ao mar en 1927 polo estaleiro de Trieste, atendía a liña transatlántica de pasaxeiros (máximo 2000) entre Xénova e a cidade de Nova Iorque. súa primeira viaxe foi o 13 de abril de 1928. En 1932, despois dos cambios na compañía, transferiuse á ruta con sudamérica.
Na segunda Guerra Mundial, os americanos capturarono e o renomearon USS Monticello (1942). En 1947 foi devolto á compañía. E no 1949 reasumiu o servizo a Sudamérica. En 1960 pasou as mans da Lloyd Triestino, tamen fletado pola liña italiana, onde serviu ata o seu desgüace no 1961.

CONTE ROSO, CONTE VERDE, CONTE BIANCAMANO, CONTE GRANDE

CONTE ROSSO Era un transatlántico italiano de renome que foi construido nos estaleiros de Glasdow como o buque máis grande da marítima italiana ata o momento. Comezou seu servizo en 1922 para transportar pasaxeiros entre Italia e Nova Iorque. En 1928 comezou ca ruta entre Italia e Sudamérica. En 1932 comezou a servir a ruta Trieste-Mumbai-Shanghai. Tiña 1500 toneladas e podía transportar ata 2000 pasaxeiros, incluíndo emigrantes.

 

CONTE VERDE Era un dos buques máis grandes da compañía para rutas transoceánicas con case que 18.000 toneladas. Durante os anos vinte recibiu a visita de Carlos Gardel quen amenizaba as noites de travesía coa súa arte. Foi levado a Shanghai no 1940. En 1942 foi prestado ao goberno xaponés o cal mudoulle o nome a Kotobuki Maru; en 1944 foi afundido polos americanos preto de Kyoto.

Pasaxeiros embarcando o Conte Grande en Dakar 1937
SATURNIA E VULCANIA
TOMASO DI SAVOIA Era un buque a vapor destinado a cubrires a ruta con Sudamérica xunto co seu buque xemelgo Príncipe de Udine. Ambos foron os barcos cos que a compañía inaugurou as rutas trasatlanticas.