Lloyd Real Holandês

A finais do século XIX naceu a Rotterdam Zuid-Amerika Lijn. Contaba esta compañía cos navíos cargueiros Rijnland, Zaaland e Amstelland para comerciar gando entre Europa e América do sur (Arxentina e Brasil). En 1903 cesou esta situación por mor da febre aftosa, e os barcos pasaron a transportar carga xeral. O período entre 1895 e 1914 foi onde se concentrou a masiva saída de emigrantes europeos. En setembro de 1906 o Zaaland foi o primeiro barco da compañía en transportar pasaxeiros. En 1908 a empresa mudou seu nome: Koninklijke-Hollandsche Lloyd, popularmente coñecida como Lloyd Real Holandés. Transportando emigrante principalmente navegaban os barcos Frisia e Hollandia no 1909.
Entre 1910 e 1914, a Lloyd Real Holandés colocou máis de tres novos trasatlanticos na ruta cara América: o Zeelandia, o Gelria e o Tubantia, todos de catorce mil toneladas e construídos no mesmo ano, 1913. Entre os outros navíos importantes da frota da compañía neste período, debemos citar o Drechterland, antigo Steenbrgen, construído en 1903, adquirido en 1911 e demolido en 1933; o Flandria, construído en 1922 e vendido en 1936 á Compagnie Générale Transatlantique; e o Limburgia, construído en 1920 e vendido en 1922 á United American Line, quen a renomeou como Reliance.
En 1922, por mor das dificultades financieiras da empresa, o Frisia e o Hollandia vendéronse a armadora alemá Hamburg-Amerika Linie, para que puidesen recuperarse do desastre da guerra. O Hollandia pasou a chamarse Hammonia e afundiuse nas inmediacións do porto de Vigo no ano 1922.
En 1935 a Lloyd Real Holandés pechou todos os seus servizos de pasaxeiros e dedicouse ao transporte de carga co mesmo destino de América do sur. Finalmente a empresa pasou a formar parte dos activos do grupo Nedlloyd.

BRABANTIA Fora a Hamburg-Amerika Linie que encargara a construcción deste navío no estaleiro A.G.Weser de Bremen. De feito, seu nome orixinal era William O'Swald. Tiña case que 20 000 toneladas e posuía instalacións acomodadas para poder transportar 857 emigrantes fronte a 355 pasaxeiros de primeira clase e 284 na segunda. En 1916 foi cando pasou a encher a lista de navíos da nosa compañía. A ruta que se lle asignou foi a de Sudamérica ata 1922 cando foi vendido a United America Line para viaxar na ruta Hamburgo, Southampton, Cherburgo e Nova Iorque. En 1935 mercou o goberno italiano para empregalo como buque de transporte de tropas nas guerras de Etiopia e Abisinia. Foi afundido polos aliados en 1943.
FRISIA Construído no estaleiro K.M. Scheld, en Vlissingen, Holanda, con 7442 toneladas e 129 metros de lonxitude. Foi un dos navíos que mais se popularizou entre a clase emigrante. Podía transportar ata 1200 en cada traxecto, fronte a oitenta pasaxeiros da primeira clase. A súa viaxe inaugural foi dende Amsterdam ata Bos Aires, recalando en Boloña, Plymouth, A Coruña, Lisboa, Las Palmas, Recife, Salvador, Río de Janeiro, Santos e Montevideo. En 1922 vendeuse á Hamburg-Amerika Linie para cubrir a ruta entre Alemaña, Cuba e Mexico. Foi demolido pola empresa Adler, no porto de Hamburgo no ano 1928.
GELRIA Este buque realizou a súa viaxe inaugural na ruta para América do sur (Brasil) dende Amsterdam o 5 de novembro de 1913. Entre 1916 e 1919 ficou retido en Holanda xa que era país neutral no conflicto. Rematada a guerra volveu a navegar pola mesma ruta. O Gelria era o navío xemelgo do Tubantia e foron construídos no estaleiro A. Stephen & sons no porto de Glasgow. Ambos barcos proxectáranse pola Lloyd Real Holandés para voltar darlle á vida a bordo un "agradable paseo". Na publicidade da empresa podíase ler: Ao chegar a bordo será sorprendido polas vastas dimensións e altura das cabinas reservadas aos pasaxeiros que lles faran perder a noción de estar nun barco". Podía transportar 1400 emigrantes. Foi demolido en 1950, trala súa venda.

HOLLANDIACon 7291 toneladas e capacidade para 300 pasaxeiros de clase alta e 1200 emigrantes, foi construído no 1909 no estaleiro A. Stephen & Sons de Glasgow. Zarpou por primeira vez o 14 de abril de 1909 dende Amsterdam ata Brasil. Tamén viaxou en varias ocasións ata Nova Iorque. En 1922 foi vendido á compañía alemá Hamburg-Amerika Linie, sende rebautizado como Hammonia. Ao encallar nun arrecife preto de vigo, rematou por afundirse.

ORANIA Con 9763 toneladas e capacidade para levar 1200 pasaxeiros, dos cales 900 eran emigrantes, veu sendo construído no 1921 nos estaleiros Workman, Clarck & Co. en Belfast. Coma os outros citados entrou a cubrir o servizo de Sudamérica, zarpando dende 1922 no porto de Amsterdam e facendo escalas en As Palmas, Recife, Salvador, Río de Janeiro, Santos, Montevideo e Bos aires.
TUBANTIA Era o navío xemelgo do Gelria. Podía transportar ata 1600 pasaxeiros, incluidos emigrantes na ruta do Atlántico Sur. Foi botado ao mar en 1913 e afundido tres anos polo submarino alemán UB-13 en plena guerra mundial.
ZEELANDIAConstruído no estaleiro A. Stephen & Sons de Galsgow, foi lanzado ao mar o 26 de abril de 1910. Tiña 7995 toneladas, 135 metros de lonxitudee podía transportar case que mil emigrantes e case douscentos pasaxeiros na primeira e segunda clase. A súa ruta era dende Amsterdam ata Río da Prata. En 1918 foi requisado por mor da gran guerra , mais ao ano seguinte foi devolto a compañía. En 1936 foi demolido.
POSTAL PUBLICITARIA
POSTAL PUBLICITARIA