Lloyd Italiano
A compañía Lloyd italiano ven fundandose un 7 de novembro de 1904. Comenzou súas actividades con catro pequenos buques de guerra: Florida, Indiana, Louisiana e Virginia que son empregados para o transporte de emigrantes. Para cubrila ruta ata Brasil, Uruguai e Arxentina, Lloyd italiano mercou na Gran Bretaña os barcos Mendoza e Córdoba; máis tarde, sen embargo, encargou a construcción de dous transatlánticos de luxo: o Princesa Iolanda e o Princessa Mafalda.
Ademáis disto, a NGI topouse en 1910 en posesión da meirande parte do capital social da Lloyd italiano que, dende entón, uníuse ao Grupo de NGI, mantendo ao mesmo tempo un certo grado de autonomía na xestión. Este estado de cousas prolongouse ata xuño de 1918 cando a empresa foi completamente absorbida pola NGI, mudando seu nome co título de Navigazione Generale Italiana Flotte Riunite Florio, Rubattino e Lloyd Italiano
PRINCIPESSA IOLANDA Un 22 de setembro de 1907 en Riva Trigoso botouse ao mar o Principessa Iolanda. Xamáis chegou a navegar, xa que no mesmo momento da botadura o buque arqueou e case afundiu. Tras varias tentativas de arranxalo sen froito algún, o gran barco xemelgo do Principessa Mafalda foi demolido no ano seguinte. Cabería citar a modo de curiosidades que gran parte do mobiliario e sistemas de mavegacón foron empregados no Principessa Mafalda, botado no mesmo ano.
PRINCIPESSA IOLANDA
PRINCIPESSA MAFALDA Construíuse en Italia en 1909 con case que 10.000 toneladas. Foi un verdadeiro luxo piróscafo e foi o orgullo da Lloyd Italiano. A viaxe inaugural do buque , en marzo do 1909 cubría a ruta dende Xénova ata Bos Aires, con escalas en Barcelona, Río de Janeiro, Santos e Montevideo. Por desgracia, coma outros buques da Lloyd, na terceira clase cargaba tamén aos emigrantes, pero non en grandes cantidades. Tiña unha velocidade de 18 nus. En 1918 o buque entrou na administración total da NGI. En 1927, lamentablemente, incendiouse este fermoso buque e afundiuse nas auguas da costa brasileira, fronte á illa de Abrogli. Nesta catástrofe morreron 314 personas entre pasaxeiros e tripulación.
PRINCIPESSA MAFALDA