Lamport & Hot line

Creóuse no 1845 cando William James Lamport e George Holt uníronse para cubrir unha liña comercial cara a India, África do Sur e varios portos sudamericanos para compraventa de algodón e mármol principalmente. En 1857 adquiriron seu primer vapor, Zulu, e en 1863 comezaron coa liña dende Liverpool ata Bos Aires, a través de Lisboa, Vigo, Brasil e Uruguai. Esta liña mantívose ata hai pouco, en 1986. No 1869 a empresa especializouse no transporte de café aos Estados Unidos e outros productos entre Europa e América. Xa a finais do século operaba con navíos de pasaxeiros e de carga para os Estados Unidos e sudamerica. En 1911 a compañía foi vendida a Owen Philipp, empresa que xa posuía a Mala Real Inglesa, pero ésta colpasouse, foi redirixida aos seus creadores e así no ano 1936 a compañía contaba cunha frota de 21 navíos, entre cruceiros, transatlanticos e buques de carga. Seguindo a tradición os nomes poñíanse en base a grandes filosofos, cinetíficos e escritores: Voltaire, Vandyck, Balzac, Biela, Sheridan, Phidias…
En 1944 a compañía foi mercada pola Vestey Group, onde xa estaba a Blue Star Line.

BYRON
Este vapor servía a priori a liña entre Nova Iorque e os distintos portos de sudamérica, foi construido en 1901. Seu nome orixinal era Loyalist. En 1902 foi adquirida pola Furness Withy Shipping e rebautizado Byron. . En 1915 foi requisado pola Royal Navy e no 1922 vendeuselle a Chile quenes o rechamaron Santiago.
VAUBAN
Tiña 10.660 toneladas. Foi construído en 1912 para soportar unha capacidade de 610 pasaxeiros. Estivo na nómina da Royal Mail Steam Packet Company para cubrir a liña con Southampton con Río da Prata. En 1922 pasou a Lamport & Holt Line e serviu a mesma liña pero facendo máis escalas en portos de sudamérica ata 1930.
VOLTAIRE
Estaba acomodado para 680 pasaxeiros para servir a liña de Nova Iorque a Brasil e Río da Prata, e foi lanzado ao mar o 12 de agosto de 1923. En 1932, xunto ao Vandyck, inaugurou o servizo de cruceiros turísticos da compañía. Foi afundido pola armada alemá en 1941.