Hugo Stinnes linien

Hugo Stinnes heredou en 1892 diversas minas e unha compañía armadora do seu pai. Rapidamente expandiu seus negocios coverténdose nun famoso industrial e político alemán. Estableceu unha liña comercial con América do sur. Morreu no 1924 e foi seu fillo Hugo Stinnes Jr. quen proseguíu co grupo empresarial que englobaba 4.500 empresas e tres mil fábricas. No 1925 os buques máis coñecidos eran o Artus, Holm, General Belgrano, Otto Hugo Stinnes, Carl, Legien,…
As liñas sudamericanas que traballaban era as de Hamburgo a Santos, Bos Aires e Montevideo, con escalas en Vigo, Lisboa, Madeira e Río de Janeiro. Tamén poseían varias liñas co oriente próximo (India, Xapón e China).
En 1926 a Hugo Stinnes Linien foi mercada pola Hamburg-Amerika Linien.

ARTUS
Foi un dos primeiros navíos mixtos de carga e pasaxeiros da remozada empresa Hugo Stinnes Linien que servía no 1925 na liña entre Europa e América do sur.
GENERAL BELGRANO
Lanzóuse ao mar en Hamburgo no 1913. Podía transportar 200 pasaxeiros somentes en segunda e preto de 2.800 emigrantes. A súa primeira viaxe foi cara Río da Prata.
Pouco despois pasou a mans da Hamburg-Amerika Linien con quenes mantuvo o nome e a ruta comercial.