Esta
compañía,
que
co
paso
do
tempo
chegaría
a ser
a principal
armadora
alemá
en
servizo
cos
portos
sudamericanos,
fundouna
en
Hamburgo
August
Bolten
e varios
asociados
ingleses,
entre
eles
o propietario
dun
importante
estaleiro
Charles
Mitchell.
A compañía
transportaba
non
somentes
mercaderías
imprescindibles
para
o mercado
europeo,
tamén
transportaban
pasaxeiros
e principalmente
emigrantes.
Entre
os
primeiros
navíos
contábase
na
compañía
co
vapor
Santos,
un
de
tantos
barcos
que
saíran
do
estaleiro,
antes
mencionado,
de
Charles
Mitchell
&
Co.
Corría
o ano
1869.
Aos
poucos
foron
sumándose
os
buques
Río
e o
Brazilian,
sempre
cubríndo
as
mesmas
rutas
comerciais.
Previndo
o éxito
impredecible
da
compañía
e para
cumplir
coas
expectativas
que
pintaban
próximas,
a compañía
refundouse
no
ano
1871,
un
4 de
novembro
que
presentaba
a nova
empresa
baixo
a denominación
de
Hamburg
- Südamerikanische.
O recén
elexido
presidente
da
compañía
Heinrich
Amsinck
decidiu
ampliar
a frota
e mailas
rutas
comerciais.
Novos
portos
internacionais
sumaronse
aos
destinosfinais
dos
buques
da
compañía.
Enténdase
ben,
os
emigrantes
de
fins
de
século
tiñan
nesta
unha
compañía
forte
para
chegar
máis
preto
dos
seus
anhelados
soños.
A
principios
de
século
a compañía
presentábase
para
cubrir
as
rutas
de
correo,
paquetería,
pasaxeiros
e mercancías
cara
toda
Sudamérica
dende
os
portos
europeos
máis
importantes
no
momento:
Lisboa,
Liverpool,
Londres,
Vigo,
… Bahía,
Valparaíso,
Hamburg,
Rosario,
Buenos
Aires,
Antonina,
Pelotas,
Cap
Roca,
Cap
Trafalgar,
Cap
Verde
e Babitonga
eran
alguns
dos
navíos
que
aumentaron
a frota
de
buques
desta
empresa,
unha
das
máis
coñecidas
e importantes
do
momento
tocante
a historia
da
emigración.
Según
contan
os
textos
que
se
conservan
respecto
aos
buques
da
compañía,
a tripulación
de
tódolos
seus
navíos
debían
saber
falar
correctamente
o inglés
e o
francés,
algúns
deles
tamén
coñecían
o castelán
e o
portugués.
Cada
barco
dispuña
de
farmacia,
varias
sáas
de
operacións,
garderías,
postos
telegráficos,
gimnasios
con
aparellos
modernos
e ata
xardíns
de
inverno.
Eran
buques
de
verdadeiro
ensoñamento.
Despois
cada
un
tiña
peculiaridades
individuais.
Ó
comenzo
da
primeira
guerra
mundial,
a iso
de
agosto
do
1914,
a Hamburg
- Süd
tiña
preto
de
60
barcos
baixo
súa
tutela.
Deles
14
foron
requisados
en
Brasil
nos
seus
portos
internacionais
como
pagamento
persoal
polo
afundimento
de
moitos
dos
barcos
de
propiedade
brasileira.
Ó
término
da
gran
guerra,
a frota
da
Hamburg
- Süd
precisaba
restablecer
as
súas
liñas.
Para
iso,
mercou
o Argentina
e o
España,
aos
que
se
sumaron
o Cap
Polonio
e o
Cap
Verde
que
foron
recuperados.
A serie
Monte
representaba
aos
barcos
que
coma
o Monte
Rosa,
o Monte
Olivia
ou
o Monte
Sarmiento
eran
barcos
mixtos
de
grande
carga
de
emigrantes.
Traballaron
na
ruta
cara
Sudamérica
nos
anos
20
e 30.
De
feito,
é
na
década
dos
trinta
cando
a compañía
tornouse
como
a principal
armadora
do
país
de
navíos
de
pasaxeiros
ao
servizo
dos
portos
brasileiros
e argentinos.
Cada
barco
agocha
unha
ou
varias
historias
que
darían
para
encher
follas
e follas
lembranzas.
Durante
a segunda
guerra
mundial
a impresionante
frota
foi
totalmente
destruida.
O tratado
de
Postdam
limitaba
o rexurdimento
da
empresa:
non
podía
reaparecer
no
mercantilismo
marítimo
ata
o ano
1951,
e só
para
transportar
carga
e pasaxeiros
cara
América
do
sur.
Nos
anos
sesenta,
co
auxe
das
compañías
aéreas,
a empresa
especializouse
nos
cargueiros.
Na
actualidade
a empresa
está
integrada
por
preto
de
cen
cargueiros
modernos,
porta
contenedores
e petroleiros.