Empresa Nacional de Navegacao Hoepcke

Esta empresa foi fundada na cidade brasileira de Florianópolis no ano 1895 pola iniciativa do emigrante alemán Carl Hoepcke para transportar carga e pasaxeiros entre os portos de Estado de Santa Catarina, Paranagua, Santos e Río de Janeiro. Carl Franz Albert Hoepcke emigrara para o Brasil aos dezanove anos, establecendose na colonia de Blumenau, onde traballou co seu tío ata que puido crear a súa propia empresa de trasporte marítimo. A envergadura da súa empresa foi medrando de xeito lixeiro, así e todo, creara loxas por todo o país (Joinville, Blumenau, Sao Francisco do sul, Laguna, Lages, Curitiba, …) para así poder abastecer navíos europeos que proviñan a comezos de século. Aos poucos foi iniciándose tamén como armador e así Max veu sendo o seu primeiro navío. Era mixto de carga e pasaxeiros e gozaba "de gran estilo e bravura no mar". No ano 1907 Hoepcke creou o estaleiro Arataca principalmente para o mantemento dos seus navíos, aínda que construía buques de pequena envergadura.
A historia da empresa continuou pasando desapercibida ata que foi declinando a súa actividade empresarial nos anos cincuenta e sesenta. En 1991 no estaleiro Arataca o goberno construíu o Museo Nacional do Mar, e no 2004 foi creado o en Florianópolis o Instituto Carl Hoepcke.

CARL HOEPCKE
Foi construído no estaleiro alemán Schichau Werft, en Elblag, Polonia. Foi a súa madrina a neta do fundador, Ilse Weineck que por entón contaba con catorce anos. Era un buque creado cunha forte infraestructura de comunicación, pois contaba con cabina de radiotelegrafía; fixo poucas viaxes a Europa xa que non tiña liña regular co vello continente. Dispoñía tamén de dous camarotes de luxo e espacio para preto de 250 pasaxeiros. Ao longo da súa vida sufriu dous incendios, sen causar grandes perdas. Nos anos sesenta foi remozado como o Recreio e encallou na Ponta da Praia, en Santos, Brasil onde tornóuse atracción turística.
Pasaxeiros de descanso no Génova
Saída de emigrantes do porto de Génova
Vapor italiano no cais do Porto