COMPANHIA NACIONAL DE NAVEGAÇAO COSTEIRA
A Companhia Nacional de Navegação Costeira naceu en Río de Janeiro no 1882 por obra e graza de Antonio Martíns Lage e foi asentada como empresa forte polos seus descendentes. Operaba con pasaxeiros e carga en viaxes entre a costa de Río de Janeiro e os portos brasileiros do norte coma Natal, Fortaleza, Recife e Salvador. Os seus buques gozaban de moito luxo, canda menos na primera clase. Inda que tiñan exclusividade no comercio de pasaxeiros e carga nas costas sudamericanas, sí que esporádicamente viaxaban a Europa en busca doutros lazos comerciais.
O apoxeo da empresa ocorreu entre os anos 20 e 50, quando chegou a contar cunha frota de mais de 30 embarcacións. A incorporación da Companhia de Navegação Costeira ao patrimonio nacional ocorreu no 1942. Trala Segunda Guerra Mundial, a frota vagaba obsoleta. No 1956, tiña os seguintes navios: Itatiga, Itaquatiá, Itaimbé, Itapuca, Itaité e os cargueiros Rio Juruá, Aratimbó, Araranguá e Aratanha, tamén coñecidos como mulas mancas pola súa estructura. Tiña a serie dos famosos Itas, os pequenos Itatinga, Itaquatiá, Itaimbé, Itaberá, Itapuca, Itagiba, Itapuhy, Itassucé, Itajubá e Itaquara e os grandes Itaipé, Itahité e Itapagé, entre outros. O apelido "Ita" fica óbvio, todolos nomes comezaban por "ita" que viña significando "pedra" na lingua dialectal Tupi da zona. A empresa foi nacionalizada e despois fusionada en 1966 coa Lloyd Brasileiro para formares a Companhia de Navegação Lloyd Brasileiro e da Empresa Nacional de Reparos Costeira.
ANNA NERY
Creóuse dentro dunha serie de transátlanticos nos anos sesenta en Iugoslavia. Empregouse para a ruta costeira do Brasil (Recife, Salvador, Santos, Fortaleza…) e cruceiros a través do río Amazonas con actividades moi atractivas como proxeccións cinematográficas, bailes de fantasía e coroamento da Miss Anna Nery. Poucos emigrantes transportiu este navío xa que pasou como cruceiro turístico ao Lloyd Brasileiro no ano 1966.
ROSA DA FONSECA
Con 150 metros de lonxitude e capacidade para 540 pasaxeiros, pasou a formar parte da compañía Lloyd Brasileiro no ano 1966 co mesmo fin de cruceiro turístico que o Anna Nery. Construíuse no estaleiro iugoslavo de Brodogradiliste Split cun interior moi luxoso e confortable con grandes salóns.
ROSA DA FONSECA
COMMANDANTE CAPPELLA
COMMANDANTE ALVIN