Companhia Colonial de Navegaçao
Coñecida polas siglas CNN, foi fundada en 1922 en Angola, coa finalidade de facer lazos comerciais entre Portugal e as súas colonias africanas. O primeiro navío adquirido pola compañía foi o cargueiro Ganda, e de vagar chegou ao 1930 con preto de 15 barcos. Durante a segunda guerra mundial creou unha nova ruta cara o Brasil para poder dar vía libre a todos aqueles que non querían involucrarse no conflicto.O Colonial foi o primeiro transatlantico en realizar esta ruta.
En 1940 comezou a navegar o Serpa Pinto, un dos seus máis importantes navíos nas rutas cara Africa e cara Brasil, Chile e Arxentina. Ao rematar a guerra o ministro da mariña portuguesa, procurando renovar a frota comercial portuguesa, incentivou a construcción de diferentes navíos para a compañía, entre eles o Patria e o Imperio. No asteleiro belga Société Anonyme John Cockerill construíronse o Vera Cruz e o Santa Maria. No 1974, a CNN pasou a formar parte da Empresa Insulana de Navegaçao, integrante da Companhia Portuguesa de Transportes Marítimos, CPTM.
IMPERIO
Lanzouse ao mar o 27 de decembro de 1947. Tiña 13.186 toneladas para 162 m de lonxitude. Con 193 tripulantes que atendían a preto de 700 pasaxeiros de clase, e emigrantes aparte. Serviu a liña Lisboa- Mozambique e máis a ruta cara o Brasil. Foi demolido en Taiwán no 1974.
SANTA MARIA
Navío xemelgo do Vera Cruz, viaxou por primeira vez o 12 de novembro de 1953 cara sudamérica. Posuía luxosos salóns decorados polos mellores artistas de Lisboa. Pasou a historia polo feito de que foi secuestrado por Henrique Galvao, un exiliado na Venezuela que facía oposición as dictaduras de Salazr en Portugal e de Franco en España. Foi un dos navíos máis activos, a máis de fermosos, na ruta con sudamérica.
SERPA PINTO
Sen dúbida algunha, foi un dos buques máis emblemáticos da Companhia Colonial de Navegaçao ( CCN ). Debe o seu nome ao insígne explorador africano. Era o antigo Ebro da Royal Mail Steam Packet. Sobreviviu as dúas grandes Guerras e, nos anos de servizo con esta navieira ata 1954, transportou preto de 110.000 pasaxeiros entre os portos brasileiros e portugueses, motivo polo que foi apodado o Navío da Amizade.
VERA CRUZ
Proxectado como a liña máis moderna da compañía, viaxou por primeira vez no ano 1952 como o maior navío lusitano da historia do país. Compartían preto de 1300 pasaxeiros as prazas de luxo (entre 8 e 10 pasaxeiros), as 190 de primeira clase, as 200 de segunda, e as 844 prazas de terceira, a máis dos incontabilizados emigrantes. Cubría a ruta de Portugal con América do Sur.
VERA CRUZ