Chargeurs
Réunis
fundouse
en
Le
Havre
no
1872
pola
iniciativa
do
banqueiro
Jules
Vignal
para
satisfacer
a súa
iniciativa
de
comerciar
carga
cos
portos
brasileiros
e arxentinos
dende
Francia.
En
1883
a empresa
adquiriu
a Societe
de
l'Atlantique
que
controlaba
o servizo
a Canadá
e en
1889
comenzou
un
novo
servizo
á
costa
occidental
de
África.
Vintecinco
anos
máis
tarde,
a compañía
tiña
no
seu
haber
35
buques
que
transportaban
carga
e pasaxeiros.
As
súas
rutas
eran
dende
Le
Havre
á
costa
de
África
occidental,
Brasil,
Arxentina
e Nova
Iorque.
No
1916
tomou
o control
da
Compagnie
de
Navigation
Sud-Atlantique,
que
tiña
unha
moderna
liña
para
a ruta
Bordeaux-Brasil-Prata.
En
1927,
a empresa
pasou
a mans
da
familia
Fabre
que
comezou
a investir
no
transporte
aéreo,
non
con
moito
éxito
nun
principio.
Trala
Segunda
Guerra
Mundial,
a frota
de
navíos
reducíuse
a 15
unidades.
Entre
1964
e 1976,
a empresa
pasou
por
varias
mans
de
armadores
franceses,
como
Fabre,
Fraissinet,
la
Société
Générale
des
Transports
Maritimes,
Paquet
e da
Unión
Navale.
En
1979
contabilizouse
a labor
no
transporte
internacional:
comercio
marítimo
a granel,
transporte
de
pasaxeiros,
e gas;
transporte
aéreo,
cun
63%
da
aeroliña
UTA;
servizo
de
hoteis
(UTH).
En
1990,
a totalidade
de
navíos
venderonse
e a
UTA
foi
absorbida
por
Air
France.