Booth line
Fundada na Gran Bretaña en 1866 por Albert Booth como compañía de liñas regulares para transatlanticos entre Belèm (Portugal) e Liverpool e Brasil e a Amazonia sendo o seu primeiro buque o Agustine, construido no 1865.
En 1881 iniciouse unha nova liña con destino Nova Iorque, foco de entrada de milleiros de emigrantes europeos. En 1901 absorve varias empresas navieiras pequenas como a Red Cross Line, enchendo deste xeito a lista de buques no seu haber. No ano 1906 xa contaba con 36 vapores, entre eles o Antony, o Lanfranc, o Hilary, o Anselm, o Augustine, ou o Madeirense; todos eles con gran capacidade de carga. Había outros sete buques de carácter mixto que son do noso principal interese por transportares emigrantes: Hilary, Cuthbert, Lanfranc, Antony, Hildebrand, Justin e Gregory. No ano 1946 a empresa foi absorvida polo Vestey Group, e en 1975 todolos seus buques incorporaronse a Blue Star Line.
HILDEBRAND
A súa viaxe inaugural foi o ano 1911 como o maior buque construido pola Booth Line ata a data. Na primeira guerra mundial foi un barco mais da armada británica. Entre 1922 e 1930 converteuse no primero navío de pasaxeiros de alta calidade transoceánico. Ata a súa venda nos anos corenta cubriu a liña dende Gran Bretaña ata Brasil.
LANFRANC
Presentouse en sociedade como o mais grande e luxoso da frota. Na primeira guerra mundial foi transformado en navío-hospital ata que foi afundido por un submarino alemán nas proximidades de Le Havre o 17 de abril de 1917. A febre do caucho, feito histórico importante na economía do Brasil, fixo millonarios a moitos pequenos e medianos empresarios que foron a encher as listas de pasaxeiros na primeira clase deste buque durante os anos que tivo de travesía.
Hildebrand
Lanfranc