Blue Star Line
Os irmáns Vestey eran comenciartes e distribuidores de carnes refrixeradas. A súa empresa era a Union Cold Storage and Ice Company. Mercaban grandes cantidades de carne en América, principalemnte na Arxentina e distribuíana en Europa. No ano 1909 comezaron a operar coa súa propia frota de navíos frigoríficos en dous anos despois conformase legalmente a empresa Blue Star Line Ltd.. A súa primeira ruta foi para carga e entre Londres, Liverpool e América do Sur. Ainda hoxe séguese con esta ruta comercial. Nas décadas dos vinte e trinta dedicase a abastecer as tropas británicas e francesas mentres segue comerciando con China e América. Na segunda Guerra Mundial todolos seus buques pasan a servir á Coroa británica, afundindose a meirande parte deles a máns da frota alemá. Trala guerra aumenta o movemento migratorio cara América, incluso traballadores da empresa en Inglaterra, con destino Montevideo, Santos, Río de Janeiro e Bos Aires. O servizo de pasaxeiros cara o novo mundo rematou no ano 1972, sen embargo continuou o de carga e contedores. A empresa foi vendida no 1998 a compañía P. & O. Nedlloyd.
ALMEDA
O Almeda Star foi un dos cinco espléndidos buques que Blue Star Line encargou no 1925 (Almeda, Avila, Andalucía, Arandora, y Avelona. Iniciou seus servizos o 16 de febreiro de 1927 transportando pasaxeiros ao Río da Prata, con escalas en Boulogne, Madeira, Tenerife, Río de Janeiro, Santos, Montevideo e Bos Aires. En xaneiro de 1941, durante unha viaxe dende Liverpool ata Río de la Plata con carga xeral e 194 pasaxeiros a máis da tripulación, foi torpedeado pola armada alemá e afundiu sen ningún supervivinte.
ARANDORA
Fixo a súa viaxe inaugural cara América do Sur o 22 de xuño de 1927. No 1929 foi rebautizado como Arandora Star e transformado en navío para cruceiros. Durante a segunda guerra mundial, foi torpedeado e afundido porlo submariño alemán U-47, se poderse salvar ningunha das 805 vidas do barco. Transportaba pasaxeiros, e tiña a especialidade de mercadorías refrixeradas. Entre América e Europa.
ARANDORA VENECIA
BRAZIL STAR
Lanzado ao mar un 6 de marzo de 1947. Era un buque mixto para carga refrixerada e pasaxeiros, levando 68 na primeira clase. A súa ruta ía ata Sudamérica, con escalas en Lisboa, As Palmas de Gran Canaria, Río de Janeiro, Santos, Montevideo e Bos Aires. Tras 25 anos de servizo foi vendido para a súa demolición en 1972.
BUQUES EN SHANGAI
TOURS TO ARXENTINA
TOURS TO ARXENTINA