Historia dos centros galegos e asociacións da emigración
 

 

Fogar Galego para Anciáns

O Hogar Gallego para Ancianos foi unha das iniciativas máis solidarias da colonia galega na Arxentina. Fundouse o 29 de xuño de 1943. Un dos fundadores, o Doutor Gumersindo Sánchez Guisande, relata a historia da fundación: “No ano 1942 estabamos reunido no café A Asemblea da Avenida de Maio, un antigo residente bonaerense don Miguel Portela, xunto a dous recén chegados, Horacio Bermúdez Abente e eu. Ese día o xornal La Prensa traía a nova nun recadro de que se atopou morta a causa do frío a unha anciá galega, natural de Ourense. A emoción consecuente que nos causou o feito fíxonos reaccionar do xeito máis lóxico e dicir ‘Para máis galega! Temos que buscar un lugar para resgardar a estes desherdados da sorte’. Pensamos en ir ver Jacobo André, da firma “André e Touriño” e cara a alá nos diriximos. No camiño topamos co poeta Arturo Cadrado, que nos acompañou á entrevista...”.
Os socios fundadores foron: Emilio André, Gumersindo Sánchez Gui-sande, Arturo Cuadrado, Ramón Rey Baltar, Manuel Roel Bernardo González, Miguel Salgués, San-tiago González, Horacio Bermú-dez, Jacobo André, Miguel Portela, Manuel Picón, Francisco Blanco, Domingo Maza, Sergio Rivero e Antonio Carballo.
Con distintas campañas financeiras e co apoio da firma André mercaron unha casa vella en Doncelar (San Vicente), de catro cuartos e con 40 hectáreas de terreo. En 1948 deciden construír 10 cuartos con 5 baños. Así é que se foi convertendo no gran fogar solidario dos anciáns galegos na cidade de Bos Aires.