Historia dos centros galegos e asociacións da emigración
 

 

Centro Lucense

O Centro Lucense de Bos Aires fundouse en 1944. Foi unha das institucións provinciais máis activas e de gran proxección asociativa. Realizou un intenso labor cultural. Editou o xornal Lugo, que tivo como directores a Alfonso Díaz Trigo, Julio Fernández, José Cobelo, Abelardo Lago e Carmen Ramundo, e que contou durante anos co asesoramento xornalístico e cultural de Ramón Suárez Picallo.
Esta institución tiña a súa sede na rúa Belgrano, que se denominaba “Lar Gallego”. Na actualidade conta con novas instalacións na rúa Bartolomé Mitre 2538, mentres que en Olivos ten o seu espectacular campo recreativo.