Historia dos centros galegos e asociacións da emigración
 

 

Centro Galego de Avellaneda

O Centro Gallego de Avellaneda foi fundado en Barracas al Sud o 22 de outubro de 1899. Don Antonio Paredes Rey foi o principal impulsor e o seu primeiro presidente. O primeiro local social estaba situado á beira do Teatro Rivadavia na Avenida Pavón. O 24 de maio de 1916 o Centro inaugura o seu impoñente edificio no corazón mesmo de Avellaneda. Durante a súa longa historia este Centro desenvolveu un intenso labor cultural e social. Avellaneda foi un dos lugares onde máis galegos se estabeleceron a primeiros do século XX. Naquel concello lindeiro coa capital, estaban radicadas importantes fábricas que daban traballo a millares de inmigrantes galegos.