Historia dos centros galegos e asociacións da emigración
 

 

Centro Coruñés

O Centro Coruñés foi unha das máis modestas institucións provinciais, xa que existían outras entidades comarcais de gran prestixio e historia. Nos seus inicios foi de carácter local, ata que en 1948 se fusionou co Círculo Provincial Coruñés.
Na súa primeira etapa funciona no Centro Pontevedrés para logo se trasladar en 1963 á súa casa propia na rúa Loria. Durante a presidencia do sadense Ricardo Flores foi creado o cadro de declamación Lugrís Freire. A institución contaba coa revista Orzán, dirixida por Bieito Cupeiro na primeira etapa e posteriormente por Antón Santamarina.