Personaxes da emigración

 

Ramón Verea García:

Inventor, librepensador e galego universal

Ramón Verea García nado en San Miguel de Curantes A Estrada o 11 de decembro de 1833. Entre 1845 e 1946 realizou os seus estudios universitarios en Santiago de Compostela. En aqueles anos participou da famosa revolución galega encabezada por Antolin Faraldo que foi o comezo do pensamento galeguista liberal. Despois da derrota dos mozos revolucionarios, que remata cos fusilados de Carral e o exilio de Faraldo. Verea reclúese nunha etapa relixiosa, ingresando no Seminario desde 1848 ata 1854. Pero a súa vocación non era o clericato. As súas ideas eran liberais. O seu pensamento era innovador e progresista. En 1855 decide deixar a carreira relixiosa e emigra para Cuba. O Chegar á Habana dedicase a traballar no ensino como mestre de escola, axiña incorporase á tarefa xornalísticas. No folletín o “Progreso” de Colón publica dúas novelas curtas “La Cruz de Piedra” e “ Una mujer con dos maridos”. Posteriormente en 1862 faise cargo da dirección deste xornal.

Verea combina o seu traballo co ensino e o estudio da lingua inglesa e a súa afección pola mecánica. Nos momentos libres adicase a inventar pequenos enxeños útiles. Nunha ocasión inventou unha máquina para dobrar xornais. Pero como tantos outros inxenios carecía de recursos para producir o seu invento en serie. Aquel primeiro invento presentouno en Nova York en 1865 co fin de conseguir que alguén se interesara polo mesmo. O pobre Verea rematou vendéndollo a un especulador, que por poucos dólares quedouse co invento e os sonos do noso biografiado.


Según nos dí Alberto Vilanova: “ Na cidade dos rañaceos foi profesor de idioma castelán, comercio en maquinaria, redacto en “ El Cronista” que dirixía o famoso escritor galego Ferrer de Couto, e tamén exerceu a profesión de traductor público”.

Durante aqueles anos realizou un sorprendente invento dunha máquina de contabilidade logrando unha enorme repercusión en Nova York. O xornal desta cidade El Heraldo sinala sobre o invento:“ Don Ramón Verea, español residente nesta cidade, adicou os seus momentos libres durante algúns anos á construcción dunha máquina que multiplica e divide, o fin conségueo. A máquina ten capacidade para quince números no roducto, nove nun factor e seis noutro. Cunha volta dunha pequena cigüeña por cada número do multiplicador o producto aparece en discos. A operación é case instantánea, e a exactitude indiscutible”. O propio Verea descríbenos o seu invento no xornal “ Las Novedades de Nueva York:

“Dos numerosos inventos hoxe coñecidos, non hai unha soa na que fracasaran tantos e tan eminentes xenios como na máquina de calcular. Entre outros moitos, os nomes de Pascal e Leibnitz, tan célebres no mundo das ciencias exactas, ....

Antes de ir máis lonxe debo facer notar a diferencia esencial que existe entre as máquinas de contar e as de calcular, para demostrar o terreo relativamente doado no que traballaron os inventores das primeiras, e as dificultades con que loitou o que subscribe para construír un mecanismo que calcule, palabras que a primeira vista se rechazan, e que parecen imposible dirixilas xuntas”

“Non sei se algún dos inventores que me precederon soñou algunha vez cunha máquina de calcular, pero sei que tódolos aparellos ata hoxe inventados non fan máis que contar , pois o seu alcance non pasa de sumar e restar, operacións que nada teñen de cálculo. Se nos dan seis montóns con sete grans cada un e imos contando1,2,3...40. 41,42, entón contamos: pero se dicimos 7x6=42, facemos un cálculo a pequena escala. É verdade que contando podemos chegar o mesmo resultado que calculando; por exemplo: 6.729.465x38.976 podemos pescudar o resultado sumando o primeiro factor 38.976 veces; ou viceversa; pero ¿Cantas máis breve e simple non é facer a multiplicación?

O primeiro fano as máquinas coñecidas, o segundo o fai soamente a miña. Para pescudar cantas son nove veces nove, contan nove,dez, once, etc., ata oitenta e unha. Eu dou o resultado de golpe, facendo aparecer simultaneamente 8 nunha roda e 1 na que segue á dereita; e se en vez de 9x9 poñemos 846.728.325x9, o producto de cada cifra do multiplicando aparecera á vez, formando o total completo. As primeiras, á maneira da materia, non podo ir dun punto á outro sen pasar polos puntos intermedios; a segunda, como o espírito, pasa dos factores o producto como se entre estes non mediara distancia algunha. Aquilo é contar, isto calcular.

A miña máquina, ademais de sumar e restar, multiplica e divide polo sistema abreviado que usamos, coa vantaxe de multiplicar todo o multiplicando á vez por cada número do multiplicador,sexa este o que se queira, e sumar o mesmo tempo cada producto co que o antecede. A división faina coa mesma rapidez; multiplica o número que se lle pon no cociente por todo o divisor, e resta o producto dividindo todo a un tempo.
O operador non ten máis que marcar os factores e a operación que quere facer; o seu traballo e o seu coidado redúcese á dar unha volta por cada sumando ou por cada cada número do multiplicador ou cociente, e unha soa para a resta.

Esta operación: 698.543.721x807.689=564.206.079.470.769, faina a miña máquina en vinte segundos, e estando en orde non pode trabucarse.Tirando dun botón e repetindo as voltas, queda feita a proba.”

En 1879 contando xa cunha importante traxectoria como xornalista e inventor regresa a Galiza co obxectivo de percorrer a súa xeografía. O seu regreso aos EEUU en 1882 funda una imprenta co nome de “El Políglota“.
En xaneiro de 1884 comezou a publicar en Nova York ” El Progreso” revista quincenal de ideoloxía progresista fortemente orientada polos conceptos do libre pensamento. Verea pertenceu á masonería seguramente iniciado en Cuba onde existía unha forte movemento racionalista. As súas ideas eran republicanas – socialistas. Por aqueles anos editou os folletos titulados: Catecismo libre pensador ou cartas a un campesiño (64 páxinas) e Contra el altar y el trono(32 páxinas). Tamén escribiu o libro La religión Universal (296 páxinas), de ser un home pertencente ás correntes do socialismo utópico, Verea no era ateo. Aínda que estaba enfrontado coa estructura relixiosa de aqueles tempos.

En 1895 decide cambiar de lugar. Estaba canso do espírito utilitario dos norteamericanos. A súa fortuna xa estaba case dezmada e a súa saúde non era boa. Esta situación lávao a tentar sorte en Guatemala país onde contaba con grandes amigos que sabían do valor intelectual. A súa chegada en febreiro recébeno con música banquetes e veladas. Desde o Ministro de Guerra e Fomento Prospero Morales ata o propio Presidente de Guatemala Reina Barros, adicaronlle palabras de benvida.

En 1896 publica neste país un folleto de 36 páxinas titulado “En defensa de España, Cuestiones de Cuba y Venezuela, América para los americanos”. En dita obra tenta desenmascarar os intentos norteamericanos de apropiarse de Cuba.

En Guatemala comezou a ter serios enfrontamentos intelectuais e políticos polas súas posturas antiianquis polo que decide trasladarse en 1897 a Buenos Aires onde residían algúns familiares seus.

En xaneiro de 1898 continua coa publicación “El Progreso” que iniciara en Nova York. Segundo nos conta o seu amigo o historiador Manuel Castro López “ El Progreso saia á luz traballosamente de tarde en tarde, o comezo dúas xoias, e , por último, en forma de modesta revista. Cando ás cinco da tarde do 6 de febreiro de 1899, despois de deixar preparado para a impresión o número 164 da citada revista, correspondente á segunda quincena do anterior xaneiro, apenas regresaba a descansar na casa dun sobriño seu, caeu Verea, como ansiaba caer: de repente, e para non voltar a erguerse: suceso triste, pero que veu libralo de novas penas”.

O producirse a guerra española –norteamericana Verea toma partido enerxicamente a través dos seus artigos antiianquis no xornal “La Patria Española”

O pouco de chegar á Arxentina enferma dunha doenza pulmonar. Na súa breve estancia en Bos Aires relacionase cos librepensadores residentes nesta cidade. Manuel Castro López, Xose María Cao entre outros, será os que compartirán os seus derradeiros días na Arxentina. Verea finou o 6 de febreiro de 1899, enterrado o día 8 no cemiterio do Oeste. Durante o sepelio un grupo de galegos despediran o seu corpo con emotivos discursos entre eles o de Castro López.

No enterro participaron dous distinguidos dirixentes do partido socialista arxentino Juan Domeneche e Pascual Guaglianone os que portaron unha gran coroa en nome do partido. A súa morte a pesar de pasar desapercibida en Bos Aires noutros lugares de América como en Panamá tiveron unha importante repercusión. Tamén no Perú “La Liga de Librepensadores” do Perú resaltou en distintos actos a figura deste ilustre galego universal.

Lois Pérez Leira

         
     
Ramón Verea García
   
 
Ramón Verea García. Ilustración.