Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
JOSÉ TÚNEL CABALEIRO “TALLADAS”: Un dos mellores porteiros do mundo
Dende pequeno sempre lle gustou o fútbol. Cando podía escapase da casa para xogar cos seus amigos. Soñaba con ser porteiro, na súa Redondea natal. En 1931 iniciou a súa carreira profesional xogando na segunda división de Redondela. Alí bautízano co nome de “Talladas” alcume que o acompañara de por vida. “Cando eu era un neno xogaba de porteiro e pedíalle sempre aos adversarios que se xuntase bastantes na portería, porque eu quería estrear. Incluso intentaba que os meus compañeiros non puxeran barreira, para poder ter unha mellor visión. Teño que aclarar que aqueles campos de fútbol do meu pobo, na maioría dos casos eran de terra ou de pedras. Eu, poñía o meu corpo e a miña alma naquelas practicas, que mancandome en todo o meu corpo e as conseguintes talladas. Por isto os meus compañeiros puxéronme “Talladas” alcume que me quedara para toda a vida”. O
seu fillo, José Luis cóntanos algúns aspectos
da súa historia:
“Cando eu xogaba no Unión Sporting -cóntanos talladas- cobraba dez duros por partido e cinco duros por adestramento, que o facíamos na Florida”.
En 1936 recibe unha oferta do “Galicia Fútbol Club", do cal era directivo Emilio Cal de visita por Redondela ve como xoga como porteiro ante o Oviedo. O equipo Bahiano ofreceulle un contrato a él e o defensa Pierla. “Ala funeu. Á gran aventura. díxenlle a Pierla que nos íamos. Non quixo. Total, que me embarquen no Antonio Delfino”, neste barco alemán, con gastos pagados, funme a Brasil... “Retireime de España intres antes da guerra fratricida que a envolveu, non me sentía con gañas de volver, preferia viaxar. Foi no transcurso duns deses viaxes, marzo de 1936, que me deparou un bo contrato para ir o “ Galicia Foot- ball Club” da Bahia, clube que pertence a colonia española....” ( Sintra, Jornal Portugués 1940) José Túnel, partía do porto de Vigo o 4 de marzo de 1936, ano tan marcado pola historia recente de España. Partiu do porto olivico, unha tarde fría e chuviosa, entre apertas e algunha que outra bagoa, fronte aos seus pais e amigos. Embarcase no vapor alemán “Antonio Delfino” e partía rumbo o éxito. Con él partía o seu paisano de Redondela e excelente defensa, Francisco Pazos González “Macoco”, o cal tamén triunfara no fútbol bahiano. Nunha carta enviada aos periódicos do “Faro del Vigo” e o “Pueblo Gallego” despedíase da afección galega: “Lamentando non facelo persoalmente por falta material de tempo, veño por medio da presente a despedirme de vostedes, pois hoxe mesmo saio para Bahia ( Brasil), a onde vou cunha ficha asinada, a formar parte do equipo “Galicia” daquela poboación. O expatriarme, fágoo aproveitando algunha vantaxe que se me ofrece, aínda o meu animo é o de volver o próximo verán...”. Anos máis tarde volveranos a lembrar a súa chegada: “ Cheguei alí para atoparme cunha gran sorpresa: actividade de noite, con luces, con focos...había que escapar do gran calor que fai. O meu primeiro adestramento foi baixo os focos. Eu non estaba acostumado a aqueles. !Miña nai! !Que desastre!. Entrábanme os goles por todas partes. Non os “pescaba”, non veía un balón. Eu deciame: ¿ Terei fracasado? Estaba decepcionado. Fora de aquí, coa fama de mellor porteiro de Galiza, chegou alí e non vexo unha pelota: ! Que bárbaro ! Pero todo era falta de habito. Viu o famoso Vasco da Gama a xogar contra o meu equipo, o Galicia de Bahia. E dinme: ti non vas a xogar ”Talladas”, que este partido é decisivo e non estas acostumado. Pero eu pregunteille: ¿é de día ou de noite o partido?. De día dixéronme, díxenlle: Póñanme a xogar ou voume a Galiza. De día, díxenlle, comprométome a paralo todo. Puxéronme a xogar: un “tirazo” de Cuco, un internacional arxentino, e fixen unha parada memorábel, de pao a pao. Eu de puños non quería saber nada. Atenazaba e veña. Asustei a toda aquela xente. berraban: !Talladas: o mellor do mundo! Así aos tres meses, leváronme xa cunha selección do Estado a xogar a Pernanbuco. E dicían os de Pernanbuco: “Xamas pasou un porteiro como o español Talladas”. Naquela Xira triunfal de Talladas a selección rexional gañou tres partidos e empataron dous. En Bahía tiña a dous amigos da infancia, Justo e José Abelheiro Blanco, propietarios do establecemento “Casa Redondela”. O chegar encontrara con aquel Salvador que había gozado nos seus soños. Todo ulíalle a distinto e a Dende. A froitas novas, a canela, a calor, a soños irresistibles, a glorias impensables. De pronto comeza a sonar nome de “Talladas”, o Tigre Galego, o home que era capaz de facer a máis grandes fazañas fronte aos tres paus dunha portería. O “Galicia” fundaronse facía moi pouco tempo, foi o producto da acción decidida dun grupo de paisanos que soñaban con ter un equipo de fútbol que puidera competir os domingos e levar con orgullo as cores da patria e a Cruz de Santiago. O equipo de Galicia formaba por aqueles anos con: Talladas, Macoco e Bisa. Bubu Vannni e Grandim. Dedé, Servillo, Vavá, Ferreira e Moela. Mentres que o seu principal contrincante en Salvador o Bahía contaba con: Maia, Serra e Tarzan. Nouca, Guga e Gia. Ito, Betinho, Romeu, Armandinho e Sandoval. No transcurso da memorable xira por Pernanbuco, un emisario do Flamengo de Río de Janeiro trasladase a Salvador, co fin de contratalo.
Antes de partir do clube escrébelle unha carta despedida os seus admirados que dí: “Ao
povo bahiano, non podendo despedirme persoalmente dos meus innúmeros
torcedores por intermedio destas columnas veño a agradecerlles
o bon acollemento que dispensaran durante a miña permanencia
nesta boa terra, da cal levo moitas saudades, agradecendo tamén
os inmerecidos aplausos que me tributaran no Campo da Graca. O periódico “El Globo” lembraba nas súas páxinas como fora descuberto polo fútbol carioca: “A noticia de que o Flamengo procuraba un gran porteiro para a tempada 37 axitou a todos os círculos deportivos, falábase constantemente do Rei e de Jurandyr, os porteiros que representaban o Brasil no Campionato Sul americano. Un Sportman bahiano, amigo do presidente rubro-negro, afirmou que na Bahia había un porteiro superior ao Rei e o Jurandyr. O informante adiantoulle que era imposible que calquera clube carioca adquirira o grande crack español, por haber costado á colonia española 37 contos e o Galicia non estaría disposto a perdelo.” Tamén
quedaron marabillados co porteiro galego os xogadores do Botafogo
que coñeceron os datos de Talladas. “Deciame Macoco: Talladas: estas rico, vas ter mais cartos. Pero a realidade é que o diñeiro que me levaron os intermediarios, que xa había entón e ben finos que andaban os tíos.Funme o flamengo. Xoguei o meu primeiro partido co América, tamén de Río. Xa eran partidos xogados de noite, pero xa había collido o “tranquillo” e non me colaban unha pelota. Gañamos tres a un e xoguei tamén contra o América que os periodistas escribiron: Talladas críamos que era bo, pero non tanto” O equipo do Flamingo formaba en aqueles momentos con: Talladas, Carlos Alves e Marín, Caldeica. Otto e Medio. Sá, Leonidas, Ladislau, Engel e Jarbas. Segundo nos conta o propio Talladas nunha entrevista que lle realíza o periodista Manolo Cao “Leonidas - compañeiro de equipo - foi o mellor xogador do Mundo de todos os tempos, incluso superior a Péle”. En 1938, contratouno o equipo de Santos onde xogou 6 anos. Aquela escuadra formaba con: Talladas, Neves e Vanderlinho; Figueira, Artigas e Abreu; Sacy, Bazzoni, Grandín, Aurelio e Tom Mix. En 1939, Talladas opérano en Sao Paulo polo doutor Godoy Moreira, debido a un desgarro muscular que o inhabilita por 30 días. Segundo as crónicas de aqueles días o noso porteiro atopábase triste e desanimado. Na carta o periódico bahiano “A Tarde” sinala: "Despois dun longo período de afastamento do fútbol, en virtude dunha operación, a que fun sometido aproveito para o ensejo para mandar algunhas noticias desta prospera e grande cidade, que é Santos. o Santos, o meu clube, como debe ser do seu coñecemento, marcha no primeiro posto da táboa, xunto co Corinthians e Palestra. Eu, dentro de breve tempo debo reiniciar o adestramento, tendo fe en deus que volva a ser o porteiro de confianza da miña afección....Teño grandes lembranzas do Galicia. Club o que tiven a honra de pertencer. Tamén aproveito o momento para mandar un aperta aos deportistas bahianos, de quen teño unhas grandes lembranzas. Aproveito a mandar por intermedio do seu xornal un aperta para os amigos Emilio Cal Fernández, Macoco, Pepiantas, Marcelino Cal Tunel e Cavadas." O Diario de Santos sinalaba o 21 de xullo de 1939: “Talladas volverá a estrear....Logo que regreso de Sao Pablo, Talladas estivo na nosa redacción co fin de transmitirnos a boa nova, que nos causou tanta satisfacción como no propio Talladas. Estaba radiante o gardaredes galego que andivo facendo movementos e saltos para demostrar que nada sentía. Agardo estar en forma, chegando a ser o grande xogador que tantas veces fun admirado nos nosos campos de fútbol." Mentres Talladas trunfaba en Brasil outro español Isidoro Langara chegaba o continente americano para trunfar no San Lorenzo de Almagro da Arxentina. En decembro de 1939 San Lourenzo, realiza unha xira por Brasil, chegando en barco ao porto de Santos. Naquelas circunstancias o famoso Langara e Talladas compartiran moitos momentos e lembranzas sobre o fútbol español. Talladas naquela etapa vivía na avenida Vicente de Carvalho 19, na cidade de Santos. No 1943 o equipo Vasco da Gama intenta mercar o seu traspaso por 17.000 cruceiros. Ese mesmo ano ficha para outro equipo paulista o Jabaquara que formaba con Talladas, Botelho e Issame; Gamba, Mario e Sousa; Ferreira, Moreno, bafa, Leonaldo e Tom Mix. En
1945 pasa unhas vacacións en Galiza. O regresar tivo ofertas
do Español de Barcelona e do Celta. A fichaxe non se poderá
concretar porque a Confederación Brasileira de Deportes non
lle daba o pase internacional. A súa carreira futbolista a
terminara no "España" de Santos. Durante a súa
pertenza neste equipo sufrirá a rotura do peroné, ante
a entrada de Pardal, que o afastou dos campos de fútbol case
corenta días. En 1946 decide retornar definitivamente a súa
terra. Cando regresa coñece a Carmen Carreira Queimadiños
con quen se casa en 1948. Carmen era viúva de guerra. Rexentaba
un estanco en Redondela. O 10 de abril de 1973 falecía a súa muller Carmen Carreras. E o gran Talladas recibía a súa primeiro derrota emocional. Foron momentos moi duros, pero coa axuda dos seus fillos puido saír adiante. “Eu gozaba ver un partido de fútbol por televisión co meu pai, sentabámonos os dous e eu deixaba todo por ese momento. El era moi apaixonado polo deporte, pero o mesmo tempo era unha persoa moi critica. A pesar da súa paixón intentaba ver aquel espectáculo deportivo como si fora un periodista, unha persoa critica. A súa paixón foi sempre o fútbol, a él tanto gustáballe ver un gran partido internacional por televisión como ir á Xunqueira en Redondela e presenciar un partido infantil. O meu pai a pesar da súa paixón futbolística non tiña preferencia por ningún equipo en especial. A él gustáballe o fútbol en xeral. O que si lle gustaba eran os xogadores. Lembro que sempre falábame das condicións dalgúns xogadores que para el tiñan futuro e na maioría dos casos terminaban trunfando. Falábame por exemplo de Iribar de Arconada, etc.” Talladas viviu os últimos años da súa vida lembrando o seus tempos de porteiro. Seguramente fora o primeiro xogador español que triunfara no exterior. Os seus veciños o lembrando pedaleando na súa vella bicicleta, ata os oitenta anos. Achegándose sempre a ver aos nenos da súa Redondela natal, que corrían tras un balón coa mesma ilusión que o fixera Talladas, o máis grande entre os grandes porteiros do mundo. A Torcida galega de Bahia aínda o lembra con nostalxia. Morreu en Rodondela o 8 de marzo do ano 1993. Lois Pérez Leira |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||