![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
RODOLFO PRADA: UN INCASABLE PATRIOTA GALEGO
Rodolfo
Prada realizou distintas conferencias algunhas das cales foron editadas,
como a realizada en Montevideo en 1935 baixo o nome de “Encol da nosa
Galiza,” tamén editou en Bos Aires unha conferencia en xeito
de folleto “Encol de Antolin Faraldo”. “Teño
como a maior honra da miña vida a amizade que me dispensou
o gran Castelao e o privilexio de moitas confidencias de tan esclarecido
espírito. Eu souben das esperanzas que tiña postas na
colectividade galega de Bos Aires, nesta colectividade á cal,
-polo clima propicio no que vive-, chamaballe a Galicia Libre. De
ela esperaba Castelao a mellor defensa e en certo modo a salvación
da auténtica espiritualidade de Galicia, e a mais eficaz axuda
para un novo renacer da milenaria cultura galega. Tamén esperaba
de ela, como complemento natural e lóxico, a conservación
e cultivo das esencias do patriotismo galego en función de
afirmar a personalidade histórica de Galicia. E é evidente
que as súas esperanzas, felizmente no se viran defraudadas....As
influencias que Castelao exerceu sobre os 400 mil galegos que temos
a fortuna de vivir nesta acolledora terra arxentina, foi poderosa,
eficaz e trascendental. Chegou a nós, en hora de honda tristura.
A súa presenza eiquí fixo o miragre de levantar os nosos
espíritos e de aledar os nosos corazóns. Con el semellou
que Galicia mesma estaba connosco. E á vez, Castelao sentiuse
feliz. El dicía que era feliz, porque vivía na Galicia
Ideal. E pola onda do patriotismo galego e o orgullo de ser galego,
tan encarnado en Castelao, deuse outro miragre: o da rara unanimidade
con que os galegos de eiquí, calquera que fose a súa
tendencia ideolóxica, o admiraban, o querían e o respetaban,
asignándolle a simbólica representación da galeguidade...Nos
dez anos que Castelao viviu entre nós, actuou en permanente
función de mestre e de guía, -de “guieiro” para decilo
mais gráficamente en galego-. Dende o Centro Ourensano, que
foi o seu fogar espiritual e a súa cátedra, difundiu
ensinanzas, fixou posicións e fortificou a fe dos galegos.
O seu lápiz de debuxante e a súa pluma de escritor,
estiveron en constante actividade, pese á súa loita
dramática coa deficiencia visual que padecía e coa cruel
doencia que abatiu a súa vida. O seu amigo Luis Seoane quen lle adicou unha semblanza e unha caricatura sinalou do noso biografiado: “é un dos mais importantes homes da colectividade galega de Bos aires e dos que máis contribuíu a facer historia nela voltando sentimentalmente a galicia, facendo posible que intervise como protagonista na solución de algúns dos seus problemas...É unha personalidade que, independentemente do seu talento, é dunha grande bondade e xentileza. Todo o contrario do dito popular “home pequeno fol de veneno”. É un home xigante no amor á súa terra e ós homes. O espirito galerista de Prada era incansable, en 1964 volta a editar o Correo de Galicia. A súa presenza era unha constante en tódalas actividades da colectividade galega, marcando durante moitas décadas o desenvolvimento da mesma. Coñecín a Rodolfo Prada en 1977 na biblioteca do Centro Galego de Bos Aires, era a época dos cursos de idioma galego -portugués que dictaba Ixinio Rodríguez. Alí atopábamonos e entremezclábamos varias xeracións de galegos que solemnemente e ritualmente achegabamonos para falar de Galicia. A cita era o día sábado pola tarde. Ás cinco da tarde ían chegando os de sempre: Xosé Benito Abraira e Bernardo Souto. Outros como Lamela, Prada e o propio Tacholas cando podían dábanse unha volta polas clases que despois terminaban en tertulia no bar de enfronte do centro. Entre os xóvenes que andabamos sobre os vinte anos que nos dábamos cita estaban: os irmáns Negreira, Carlos López, Enrique Albor e quen lles escribe. A miña derradeira lembranza que teño de Prada foi nun corredor do centro galego escoitando unha cinta de Xoan Pardo traída de Galicia onde interpretaba unha poesía do Pondal. Naquel intre compartido con Tacholas e Miguel Ángel Negreira, Prada parecía estalar de emoción e rachar aquela coraza de home serio que tiña. Ós poucos meses chégame a noticia da súa morte. A colectividade galega perdera a uns dos seus mais importantes dirixentes.
O 3 de novembro 1980 ós 88 anos finaba o galeguista Rodolfo
Prada,.con el remataba unha das etapas mais fructíferas da
emigración galega do Río del Plata.. Lois Pérez Leira |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||