![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Celso Garrido Rodríguez: poeta da saudade Manuel Celso Garrido Rodríguez naceu en A Merca (Ourense) o 4 de novembro de 1915. Foron os seus pais Xosé Garrido Mouriño e Aurora Rodríguez Rodríguez. Na capital da provincia estudiou maxisterio: "amostrou dende neno unha desperta intelixencia e pulos de loitador. Cursou estudos con brilanteza, rematando a carreira de mestre a unha idade moi temprá". Opinión Galega. Coa chegada da República, Celso como outros xoves da época, se entusiasman co proceso político, afiliándose ó partido Izquierda Republicana, cuio líder en Galicia era Casares Quiroga. Manuel Celso durante o día traballaba como mestre e polo serán recorría as distintas aldeas de Celanova e Bande alentando ós labregos para que defenderan os seus dereitos e a república. Celso gañara unha plaza en San Guñedo e con ilusión comenzara a súa vida como mestre. Cando podía achegábase a Ourense capital onde se atopaba coa xente do seu partido. Co historiador Alberto Vilanova tiña unha gran amizade. Formaban parte do mesmo partido e estaban enrolados nas corrientes do librepensamento. Cáseque a maioría dos dirixentes daquel partido pertecían á masonería, en Ourense esta organización tiña unha forte implantación entre os sectores intelectuais progresistas.
O 18 de xullo de 1936 as forzas reaccionarias desatan a guerra civil.
Ourense cae en mans dos militares sublevados. En 1937 coa implacabel
persecución da falanxe a todos os militantes da Fronte Popular,
Celso perde o seu posto de docente, é detido e encadeado durante
dous anos. Anos despois Garrido lembrará esta etapa: "Eu era cáseque un neno. Tiña 19 anos. Pero sentirei sempre o orgullo de atoparme naqueles primeiros anos da miña mocidade, entre reixas, como homes que nos daban exemplo a vida valentemente por un ideal: a patria e a liberdade". Según relata Garrido, cando foi detido é levado polos falanxistas á rúa Progreso nº 27 da cidade de Ourense. Naquel centro de detención estaban outros patriotas como él: o xinecólogo Manuel Peña Rey, o profesor Sueiro, os Fábregas, a Meixengo, Alberto Vilanova e Pratcha. Cando é posto en liberdade o enrolan pola forza e é enviado a Oviedo, alí coñece a outro paisano de Ourense, Manuel Fernández Borrajo co que fará unha gran amizade. Pola mesma época outro destacado galeguista de Celanova, Xosé Velo Mosquera intentaba organizar a resistencia ó réxime falanxista, tamén como Garrido sufriu as penurias da cadea, as torturas e o desterro. Ó rematar a súa situación militar como movilizado, decide coller o camiño do exilio. A falla de permiso para deixar a España franquista, o control polo cal estaba sometido, dificultaba a súa saída de Galicia. O xeito máis fácil era Portugal, pero se era descuberto neste país sería novamente devolto e ó seu regreso corría o risco de ser paseado ou que lle deran unha longa condea. Coa axuda do seu amigo Fernández Borrajo, co que viviu durante algúns días na súa casa de Ourense, conquiren un pasaporte, ó cal lle cambiarán a foto, adquirindo Celso unha nova identidade. Tamén falsifican certificados do alcalde e do xuiz. Garrido pasou a chamarse José Félix Carpio e con esta nova identidade conquire pasar a fronteira. É así como se traslada até Lisboa e desde alí a Bos Aires, onde chega nun barco cargado de emigrantes portugueses que paraba en todos os portos do Brasil. "Liberado da cadea física, non puido soportar a cadea moral á que estaba sometido todo o povo galego e preferiu exiliarse, na procura de ambentes de liberdade". Na Arxentina está un breve tempo, colaborando coa Federación de Sociedades Galegas e co seu xornal "Galicia", onde escribiu numerosos artigos, tanto en castelán como en galego. Celso Garrido trasladouse posteriormente a Chile, onde xa residía o seu compañeiro de partido Germán Vidal e o deputado galeguista Ramón Suárez Picallo. En Chile destacouse como escritor e xornalista, traballou en La Hora de Santiago de Chile e colaborou na audición de radio que tiñan Vidal e Picallo. A través dos seus vínculos coa masonería relaciónase con esta organización en Chile, a cal gozaba de gran prestixio e influencias tanto no Partido Radical como no socialista de Salvador Allende o cal foi membro desta organización. A través desta relación tivo unha gran amizade co presidente de Chile Gabriel González Videla e ingresou a traballar no xornal La Hora órgano oficial do Partido Radical. Celso Garrido foi membro das Irmandades Galegas fundadas por Castelao en 1940, en Bos Aires. Estas Irmandades organízanse posteriormente noutros países de América Latina. As mesmas eran a expresión política dos galeguistas no exilio. Coa creación do Consello de Galicia o 15 de novembro de 1944 en Montevideo, Celso Garrido é nomeado delegado deste organismo no país transandino. Ese mesmo ano no mes de novembro, Ramón Suárez Picallo é homenaxeado pola colectividade galega, catalán e vasca ó cumprir o seu cincoenta aniversario. Nesta oportunidade Celso Garrido como secretario de propaganda de Galeuzca, despois dun emotivo discurso, entregoulle ó homenaxeado, unha bandeira galega como obsequio. A finais de 1944, Rodolfo Prada, colaborador directo de Castelao, realizou unha xira por Latinoamérica, co propósito de organizar as Irmandades Galegas e potenciar ós Grupos Galeuzca. A súa primeira escala foi Santiago de Chile, onde lle esperaban Celso Garrido, Germán Vidal e Ramón Suárez Picallo. Pola noite, Prada foi homenaxeado no Centro Catalán, onde compartiu mesa, con Pedro de Arretxabala delegado do Governo Vasco, Antón Blavia representante catalán e o grupo galeguista. Durante a cea, acordouse constituir oficialmente Galeuzca en Chile, despois de terse fundado recentemente en Bos Aires. O grupo galeguista de Chile, xunto ós exiliados españois residentes na capital andina, convertíronse nos anfitrións da visita da Embaixada Oficial, do Governo Republicano no exilio. A comitiva republicán trasladouse en 1946 á asunción do novo presidente dese país, Gabriel González Videla pertecente ó Partido Radical. A delegación, estaba encabezada, polo ex ministro Manuel Blasco Garzón, o deputado galego Elpidio Villaverde, o representante vasco Ramón Aldasoro, o catalán Pelaio Sala e o xeneral Martínez Monje. A esta embaixada oficial sumaríase Suárez Picallo, o deputado Vicente Sol, e o Dr. Cumilleras. Namentras que Celso Garrido como delegado do Consello de Galiza tocoulle acompañar os días de estadía, a tan destacada comitiva oficial. Naquela visita, da representación republicana, o governo chileno noméaos "huéspedes oficiais", poñéndolles coches a súa disposición, coa bandeira republicana e un edecán para a súa atención. O Presidente electo, era un home progresista, moi amigo da República. Durante a ceremonia de asunción, a delegación, recibiu o aplauso e a solidariedade da multitude de presente. Polo contrario, a delegación franquista tivo que soportar fortes gritos e chillidos. Celso estaba eufórico polo éxito obtido, tanto Picallo como Vidal pensaban como él: - Este recoñecemento de Chile, ó governo republicán no exilio, é unha dura derrota para Franco e a súa política exterior-, decíase para adentro, mentras se desvivía por atender á comitiva e presentarlles ós seus amigos do governo Radical. Ó rematar os actos protocolares oficiais, a delegación republicana obsequiou, cun xantar, ás delegacións extranxeiras amigas. O mesmo se realizou, nos salóns do Centro Republicano Español, contando cunha asistencia de 500 persoas. O gran poeta chileno Pablo Neruda, presente no xantar dixo unhas palabras de solidariedade, rematando o acto Germán Vidal, Presidente do Centro. Nos días seguintes continuaron os actos sendo os máis destacados, a homenaxe a O'Higgins patriota chileno. A recepción na Embaixada Rusa, festexando o aniversario da revolución socialista. - Todo saiu de marabilla- repetía Celso. Para logo aseverar: "Temos que seguir aillando ó dictador". A pesar dos seus desexos a dictadura non caía e os aliados non estaban dispostos a mover ningunha ficha contra Franco. A medida que pasaba o tempo, Celso comenzaba a sufrir a melancolía do desterro. Ó pasar os anos coñeceu a unha xove chilena de orixe galega (Lugo) Olga Elena Bouzo Vidal coa que se casou, o 20 de novembro de 1951. A finais daquel ano viaxou a Bos Aires, (presumiblemente coa súa muller en viaxe de vodas) aproveitando a súa estadía nesta cidade, para contactar co Consello de Galiza. O xornal das Irmandades Galegas "A Nosa Terra", sinalaba a nova do seu paso pola capital arxentina: "Este benquerido irmán está facendo unha gran laboura galeguista na cidade mencionada (Santiago de Chile), onde, aínda que non hai a masa de galegos que existen nesta capital, a colectividade da nosa terra atópase, en xeral, en boa posición económica e pode, polo tanto, realizar unha obra meritoria. Celso Garrido, que, en unión do conselleiro Suárez Picallo, traballa intensamente a prol da nosa causa, cifra moitas esperanzas no resultado satisfactorio da nosa tarefa".
Celso Garrido nos primeiros tempos exerceu a profesión de xornalista
en La Hora xunto a Ramón Suárez Picallo. Logo adicouse
ó ramo das panaderías, e poido conquerir unha posición
económica cómoda. Coa súa muller tivo unha filla
de nome Aurora Elena a quen lle chamaba cariñosamente Ruliña. Nun dos seus poemas adicados ós seus compañeiros de exilio, baixo o título de ¡Saúde, Irmáns!, di: Saúde,
Irmáns, a carón da garimosa terra nosa, Coa
nosa aición e rexa vontade Irmáns:
Un berro antergo e sagro ¿Queredes
máis, homes e mulleres A
pesar de conformar unha familia e ter unha sólida posición
económica, Garrido non poido superar a melancolía do
exilio. En 1961 como ben sinalou Vilanova, puso fin voluntariamente
a súa vida.
Lois Pérez Leira |
|