Personaxes da emigración

Delia Garcés: A diva galega do cine latinoamericano

Outra vez será Arturo Cuadrado ol que nos dará a coñecer o orixen galego dunha destacada actriz do cine Arxentino, neste caso o de Delia Garcés.

A nomeada artista co verdadeiro nome de Delia García, naceu en Buenos Aires o 13 de outubro de 1919. Foron os seus pais Gabriel García e Amadora Gerboles nados en Santo Tomé, nas altas montañas de Lugo. Tiveron tres fillas Elda, Amadora e Delia. Dona Amadora enviuva ó pouco tempo quedándose coas tres pequenas e con un futuro incerto. Cuadrado contanos esta parte desta interesante historia: “As dificultades son inmensas. Pero do corazón desta nai florece todo un glorioso poder de traballo, de sacrificio, de austeridade. Os seus traballos e sacrificios son para educar ás súas fillas. E de ese supremo esforzo da heroica raza galega cultivase e forma como un miragre unha das expresións mais rotundas do arte: Delia Garcés”
A propia Delia contanos na revista Galicia Emigrante o seu paso por Galicia: “ Levei persoalmente á miña nai a Galicia. Acompañeina a Santo Tomé, en Lugo. Non é fácil contar o que é aquelo. Pareceume estar ante un espectáculo bíblico, sinxelo e grandioso. As casas da aldea, os seus homes e mulleres, ata os animais, adquiren unha singular forza pura, primitiva. Á miña nai e a mín recibironnos con mostras de afecto inenarrables. Era como unha homenaxe aos que voltan coa lealtade dos permanentes sentimentos de amor e agradecimento ó lugar de orixen. Non debían saber, seguramente, que eu era actriz. Eu era naquel intre a filla de Gabriel e Amadora, e iso era motivo de festa en toda a aldea. Todos nos fixeron agasallos. Agasallábanos, cantabannos. E ata unha cabra soa nun penedo, semellaba feliz....

A pesar do seu triunfo o cine, según ela a súa vocación foi o teatro actuou en moitísimas obras, dende Living-room de Graham Green ata O cantar dos cantares de Jean Giraudoux ("engaiólame o teatro de Giraudoux", dixo algunha vez), pasando polo inevitable Shakespeare e George Bernard Shaw.


Mantivo unha estreita relación coa colonia galega. Coñeceu ó escritor Rafael Dieste e ó fotógrafo José Suárez. Desta colonia tivo varias homenaxes un por parte do destacado poeta Rafael Alberti á cal adicoulle unha canción. Da amizade de Rafael Alberti e María Teresa León coa actriz Delia Garcés e o seu esposo, o director Alberto de Zavalía, surxiron dous filmes arxentinos “La Dama Duende” (1944) e “El gran amor de Bécquer”, ambas con guións de Rafael e María Teresa

A outro homenaxe adicoullo ao pintor Luis Seoane quen lle fixo un debuxo nos días de “Cabalgata”.

Delia debutou no cine, no filme ¡Segundos afuera! (Chas de Cruz e Alberto Echebehere, 1937) e a fins dos trinta obtivo varias participaciónes de relativa importancia nos filmes baixo a dirección de Mario Soffici (incluíndo a xenial Kilómetro 111), Luis César Amadori, Manuel Romero e Alberto de Zavalía. Foi este último, ao tempo o seu home, o que lle deu o estrelato con Vinte anos e unha noite (1941), sombrío filme co guión de Alejandro Casona.
Na década dos curenta brillou en diversos filmes de Zavalía, Ernesto Arancibia e Luis Saslavsky e abandoou o celuloide en 1956 despois de filmar dúas películas con Carlos Schlieper (“Mi marido y mi novio y Alejandra”).

En 1951, por problemas co governo peronista, decidiu marchar de xira por Latinoamérica xunto ao seu home. E foi en México que conseguiu o papel polo que seguramente mais lla lembrará: Gloria, a esposa do celoso e paranoico Francisco que interpretou Arturo de Córdoba en Él, de Luis Buñuel. A película, estreada en México en 1953, veríase na Arxentina sobre o 1958.

Delia Garcés retirouse da actividade artística en 1966, despois de representar “El jardín de los cerezos”, de Anton Chejov. A súa face exquisita, que agora semella terse ido, seguirá brillando na pantalla grande e na lembranza dos que tiveron a sorte de ve-la actuar sobre un escenario.

O 7 de novembro de 2001 finou a actriz de cine e teatro arxentino Delia Garcés. Os seus restos foron cremados.
Recibira unha semán antes da súa muerte o premio ACE de Platino pola súa traxectoria e viusella contentísima e emocionada. Non aparentaba os 82 anos que tiña e adicoulle o premio ós actores, "portadores da palabra".

Filmografía en Argentina

Intérprete:
Alejandra (1956)
Mi marido y mi novio (1955)
El otro yo de Marcela (1950)
De padre desconocido (1949)
El hombre que amé (1947)
El gran amor de Bécquer (1946)
Rosa de América (1946)
La dama duende (1944)
Casa de muñecas (1943)
Malambo (1942)
Concierto de almas (1942)
La maestrita de los obreros (1942)
Veinte años y una noche (1941)
Dama de compañía (1940)
Muchachas que estudian (1939)
Gente bien (1939)
La vida de Carlos Gardel (1939)
Alas de mi patria (1939)
Doce mujeres (1939)
Kilómetro 111 (1938)
Villa Discordia (1938)
Maestro Levita (1938)
Viento Norte (1937)
Viento Norte (1937)
¡Segundos afuera! (1937)

ORIXEN DO APELIDO GARCIA

O verdadeiro apelido de Delia Garcés era García, según a “Gran Enciclopedia Galega”, é un apelido patronímico derivado do nome propio García, que no idioma godo significa “principe de ollada agraciada”. Atópase en toda a Península e tamén en América. Os García non teñen un tronco, e isto débese á antiga costume de convertir en apelido o nome do predecesor. En Galiza e en León existen dende moi antigo individuos deste apelido, e son numerosísimos os solares que levan tal denominación. Un dos primeiros cabaleiros coñecidos deste linaxe é Ramiro Gacía, governador de León no ano 843.

Lois Pérez Leira

 
         
     
Amadora Gerboles, a nai de Delia Garcés
 
Delia Garcés, imaxe dunha película.
 
Cartaz dunha película de Delia Garcés con Arturo de Cordova.
 
Cartaz dunha película de Delia Garcés con Arturo de Cordova.
 
Homenaxe a Delia Garcés en Bos Aires. Na foto Delia con 82 anos.