![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xosé Castro "Chané" o grande músico galego que se consagrou en Cuba O
18 de xaneiro de 1856 naceu en Santiago de Compostela o destacado músico
e patriota galego, José Castro González. Anos despois
foi popularmente coñecido polo nome de "maestro Chané".
Fillo dun recoñecido músico e concertista ferrolán
que se destacou en todo estado español pola súa virtuosidade
na execución da guitarra, a citara e a bandurria. Este don musical
foi transmitido ao seu fillo, quen, en temperá idade, comezou
a executar ditos instrumentos. Nos seus anos novos Chané inclinouse
pola composición e o canto polifónico. Foi nesta especialización
onde obtivo os grandes éxitos da súa carreira artística.
Aos 17 anos, no 1783, estreou na Coruña a súa primeira
composición. A mesma foi a música para un apropósito
de Antonio Navarro titulada "Una broma pesada". "...Sendo tan extraordinaria a súa fama que ao regreso de Medrid, a Sociedade Musical Matritense nomeou a Chané socio de mérito e obrigáronno a dar un concerto que presidiu a Infanta Isabel. De alí tivo que pasar a San Sebastián cantando no Palacio de Miramar ante a presencia da Raiña nai que felicitou calurosamente ao seu director. Mais, o máis rotundo dos triunfos deste orfeón galego foi o conquistado en París en 1889, onde obtivo tamén o primeiro premio seriamente disputado a outros moitos orfeóns europeos, merecendo que o alcalde pasisino felicitase ao da Coruña polo seu magnífico elenco corale recibise Chané os máis efusivos parabens de músicos da talla universal de Gounod e Thomas. Foi tan popular o nome de Chané ante a tourné triunfal do seu conxunto que lle mereceu que o coñecesen publicamente polo afagador título do "Clavé galego", asociándoo así ao nome do eminente fundador dos orfeóns cataláns..." A pesar da súa fama, que trasecendeu as fronteiras do estado español. en 1885 despoxáronno da súa cátedra. Esta inxusta decisión fíxolle tomar o camiño da emigración. Foi así que, seguindo o camiño de moitos intelectuais da época, se embarcou rumbo a Cuba. Ao chegar á Habana os seus paisanos, coñecedores da súa valía intelectual e artística, lle encargaron a dirección do Orfeón "Ecos de Galicia", co cal fixo ao pouco tempo a súa presentación no Teatro Payret. A repercusión da súa presentación tivo tan importante acollida que un xornal habaneiro sinalou: "... A el corresponden todos los honores da festa de a noite; a súa batuta prodixiosa ten movementos de seguridade e precisión absolutos que revelan gusto exquisito, oído sutil, coñecementos musicais sólidos e profunsos e as inexplicables adiviñacións do xenio..." Juan de la Cuesta, distinguido xornalista, sinalou tamén: "...non só como director do orfeón e compositor deixou xustificados os seus títulos o señor Chané, senon que se nos revelou director da orquestra de mérito indiscutible..." Quen foi en Cuba un dos seus grandes amigos o escritor Curros Enriquez dixo desta primeira presentación: "...Basten os transcriptos para dar idea da admiración que o mestre Chané logrou conquistar na Habana e sexa como un ramallete de preciosas flores que envían á súa nai os fillos desterrados..." Desde a súa chegada a Cuba a súa amizade con Curros foi determinante para desenvolver unha extensa actividade cultural e creativa. Chané púxolle música a varias poesías de Curros destacándose a variante "Unha noite na eira do trigo", "Tangaraño", "Un adiós a Mariquiña", e "Os teus ollos". O poeta de Celanova, Curros Enriquez lembrou ao seu amigo Chané nunha curta poesía que di rimando: AL
MAESTRO CHANÉ El
te acompañó a la patria Y
pues contigo regresa La Habana, setembro de 1907 Por aqueles conflictivos anos da independencia de Cuba e a guerra entre España e os Estados Unidos, existía unha poderosa emigración galega. Ducias de xornais galegos e centros fundáronse ao longo da Illa. O rexionalista Waldo Álvarez Ínsua dirixía o poderoso Centro Galego da Habana. Ramón Armada Teixeiro e Manuel Lugrís Freire fundaron en 1885 "A gaita galega", escrita integramente no noso idioma. Por este país pasou a fins e principios de século unha destacada xeración de intelectuais galegos que converteron á cidade da Habana nunha expresión de grande envergadura da cultura galega. Entre as máis destacadas persoalidades do século XIX, Antón Vilar Ponte, Julio Sigüenza, Xosé Lesta Meis, Ramón Cabanillas, Xosé Crespo Borbón (Creto Gangá) entre outros. A
vida cultural era moi intensa en medio dunha emigración ávida
de expresións da terra. Foi así que, por aqueles anos,
a parte do Orfeón "Ecos de Galicia" existían
os Orfeóns "Hércules" e "Glorias".
Foi a tenacidade de Curros nunha sistemática campaña para
unificar os tres orfeóns a que concretou ese anceiado sono. Construir
un gran orfeón dirixido polo mestre Chané. A unificación
das tres formacións corais realizouse en 1896 cun soado triunfo
do gran mestre, recibindo importantes eloxios do público e da
crítica. A
Real Academia Galega foi unha das máis importantes iniciativas
dos nosos emigrantes en América. Sería pola iniciativa
do ferrolán José Fontenla Lealo feito de se crear na Habana
tan prestixiosa institución, sendo o seu obxectivo o de defender
a língua e a cultura galega. O grupo de entusiastas patriotas,
entre os que estaba Chané, decidiron concederlle a presidencia
desta institución a Manuel Curros Enriquez. Dous anos máis
tarde, este grupo de apaixoados emigrantes estrean a canción
galega "Os Pinos" de Pondal e Veiga, converténdose
esta posteriormente no actual Himno Galego. "...Cando a perda de Cuba pola intervención cobarde dos EE.UU., a illa apareceu inzada de bandeiras ianquis, Curros e Chané conseguiron coma un reto que aparecese ondeando na fachada do Centro Galego o estandarte español sen se arriar a pesares das ameazas de quen se creian lexítimos vencedores..." En agosto de 1907, logo de moitos anos de ausencia, regresou á Coruña. A intelectualidade galega obséquiaronno cun grande banquete presidido pola escritora Pardo Bazán. Entre as persoas presentes estaban Neira Cancela, o doutor Rodríguez, Armada Teijeiro, Lugrís Freire, Martínez Fontenla e distintos directivos de orfeóns galegos. Chané viviu os seus últimos anos na Habana onde seguiu ata os últimos días a escribir música, e nos seus momentos de lecer executaba os distintos instrumentos de corda. Neste país casa e deixou unha longa descedencia. A súa derradeira obra de composición foi "A lúa de Cangas", estreada polo Orfeón "Ecos de Galicia" nunha velada en honra ao poeta vivariense, Pastor Díaz. Castro Chané morreu na Habana o 27 de xaneiro de 1917 sendo os seus restos trasladados á Coruña, onde chegaron o 4 de marzo. Sendo inhumados no cemiterio coruñés. Durante o sepelio centos de persoas se deron cita para homenaxear ao grande compositor galego. Toda a prensa da época resaltou, de maneira notable, a chegada dos restos de Chané. O xornal "A Nosa Terra" voceiro das Irmandades da Fala sinalou nas súas páxinas: "No
cimeterio da Cruña, preto de Curros, seu hirmán de raza,
seu compatriota, repousa xa para sempre o mestre Chané. O gran
Centro galego da Habana, honra dos <bos e xenerosos>, cumpre co
seu deber mandándonos os sagros restos do autor da Foliada. Galicia
enteira cumpreu tamén o seu deber, facéndolle ó
mestre un enterro garimoso e solene... ...Non sabemos si os espiritus
na outra noite, ben na propia campa pu nos Campos Elíseos, á
soma dos buxos virxilianos, parrafean aparellados. Si así fose,
Curros e Chané que espiritualmente se xuntaron no Adiós
a Mariquiña, dende agora falarán ca voz do misterio, fala
eterna sin palabras, os corazóns da mocedade galega para que
manteña acesa a los santa do enxebrismo redentor, A figura de Chané, despois da súa morte, foi lembrada sistematicamente polo incipiente nacionalismo galego, como así tamén pola emigración dispersa por América. a Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina, nos seus primeiros congresos, chegou resolver que anualmente ás figuras máis destacadas da historia de Galicia, entre elas o Mariscal Pardo de Cela, Rosalía de Castro, Curros Enriquez e Castro Chané. Lois Pérez Leira |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||