Personaxes da emigración
 

 

MANUEL CAO TURNES

Manuel Cao Turnes naceu o 24 de xuño de 1895 en Ventosa, unha parroquia preta de Santiago de Compostela. Cando comezaba o século os seus pais, que eran labregos, deciden emigrar para á Arxentina. Máis de vinte días de navegación durou a travesía, parando en todos os portos, como era costume nos barcos que trasladaban emigrantes. Primeiro Salvador, logo Río de Janeiro, despois Santos, ata chegar a Montevideo, e de alí a Bos Aires. No porto estábanos agardando os seus familiares directos. Outros paisanos, con menos sorte, ian parar ao Hotel de Inmigrantes no propio puerto, e de aí aos vellos comventos onde se comezaba a escoitar o tango. Bos Aires convertérase na capital da inmigración, alí xuntábanse idiomas de todo o mundo. Os gringos chegaban para “facer as Américas” dicían os porteños. Mais a verdade era outra distinta. O país estaba en crise, comezaban as folgas e o goberno expulsaba aos extranxeiros sospeitosos de levar ideas extranxeirizantes.

Os miles de emigrantes que vivían na grande cidade comezaron a se organizar en sociedade de carácter comarcal. Os mozos tiñan a necesidade de atoparse, de falar da aldea ou de botarlle unha man a algún paisano que o necesitase. O mozo Manuel comeza traballar en todo tipo de actividade, a súa axuda era imprescindible para unha familia que tiña que comezar unha nova vida.

Manuel Cao despois dalgúns anos de traballar baixo patrón, decide independizarse e pon pola súa conta unha tenda de comestibles. Ao tempo convértea nunha destilería e adega que se dedicaba á importación e a elaboración de viños e licores finos. A incipiente empresa de distribución estaba ubicada na Rúa Venezuela 651, no “galego” barrio de San Cristóbal. A Manuel gustáballe nos momentos libres frecuentar os centros da colectividade e ler o xornal que dirixía Manuel Castro López “El Eco de Galicia”.

Coa fundación a principio de século de distintas asociacións galegas comarcais, foise creando a necesidade de constituir, unha Federación de Sociedades Galegas. En decembro de 1910 intentouse constituir a primeira Federación de Sociedades Galegas, a mesma estaba integrada polo Centro Galego, a Unión Hispano-Americana de Val Miñor, Unión do Partido de Cambados, Círculo Galego, Unión Redencionista do partido de Cangas e Orfeón Galego. Esta experiencia federativa tan só durou ata marzo de 1911. Anos despois:

"Un mozo orixinario da parroquia de Frades (Ordes) chamado Bonifacio Botana, un humilde empregado como chófer de Correos e Telégrafos, home moi traballador e boisima persoa, estableceu relacions con Antón Alonso Ríos, un mozo galego mestre de escola, máis ben socialista, si cabe o termo, e logo con dous distintos directivos da Sociedade de Moraña, Manoel San Luís e Ramón Villaverde.

Durante o desenrolo dun festival artístico bailable que a dita sociedade realizaba nun salón da rúa Rincón 1141 o 2 de octubro de 1920, os catro resolveron que Alonso Ríos, verba acesa e oratoria doada, pronunciara nun dos entreactos, unha soflana patriotica encirrando ó galegos a fundar unha federación que acobillara a tódolas sociedades espalladas sin intervir nas súas autonomías institucionais e administrativas. Ise chamado motivo ó poder é a oportunidade duhna verdadeira convocatoria cuios froitos xermolaron de contado". (Bieito Cupeiro- “Galicia de alén mar”). Entre aqueles mozos entusiastas que apoiaron esta iniciativa estaba Manuel Cao Turnes, Manuel Meilán, Pedro Campos Couceiro, Eduardo Blanco Amor, etc...

A Federación terá no seu seo, das correntes ideolóxicas, que se enfrontaran, polo control da mesma. Por unha bando, os seguidores do pensamento socialista, quen en coordenación co PSOE e co Partido Socialista Arxentino, intentan hexemonizar a institución. Por outra banda estaba a corrente de Alonso Ríos, Blanco Amor, Cao Turnes, Regueira, Pedro Campos Couceiro e Picallo, que se ben son de esquerda, representan á corrente galeguista republicana de esquerda.

No IV Congreso da Federación de Sociedades Galegas que se realizou entre o 6 e o 15 de decembro de 1925, na cal participaron 200 delegados en representación de 33 sociedades federadas, elixiuse a Cao Turnes como secretario da Federación.

Entre as resolucións tomadas neste Congreso, pódense mencionar, a referida a que se celebre o Día de Galiza o 17 de Decembro, en conmemoración da data do asasinato en Mondoñedo do Mariscal Pardo de Cela, "Heroi Nacional Galego". As sociedades, eran contrarias a que se empregase un día relixioso como o 25 de xullo, para esta data Patria. Tamén resolvieron realizar todos os anos homenaxes a Rosalía, Curros, Pondal, Chané e Concepción Arenal.

Entre os galeguistas elexidos para a comisión directiva estaban: Blanco Amor, Suárez Picallo, Fernández Lourido, Campo Couceiro, Cao Turnes e Alonso Ríos.

Días despois o secretario da Federación M. Cao Turnes envioulle unha carta á Irmandade da Fala, que saiu editada en "A Nosa Terra" do 1 de febreiro de 1926:

“No nome de esta Xunta Executiva, da Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturales, e no nosco, prácenos moito dar cumprimento ao man dato do noso derradeiro Congreso Extraordinario, de vos saudare garimosa e fraternalmente, e por voso intermedeo, a cantos no Chán Mátrio loitan pola nosa Renacencía racíal espritual e artística, resolución esta tomada por unanimidade de todolos delegados asistentes á devandita Asambreia, unha das maís importantes efectuadas até o presente.

Despois, queremos agradecervos o lembro que tuvestedes de nos, eispresando na carta que en vispera do Congreso nos mandástedes, e que foi pubricado en recadro no noso organo social "O DESPERTAR GALEGO", a que foi lida con moita ledicia polos nosos federados.

E polo derradeiro, dámosvos a boa nova de que o Congreso, aprobou por unanimidade a proposta de Nova Era de Vilanova, no senso de que nas escolas sostidas polas sociedades federadas se enseñe o idioma, literatura e a Historia de Galicia. E pra escomenzare a darlle forma prautica a resolución, xa estamos estudando unha iniciativa do Gran Ramón Cabanillas, consistente en editare o primeiro libro de testo galego, que comporá el. É, polo d' hoxe, canto temos que decirvos, agradecendo e agardándo a axuda que nos prometedes, pra obra de redención en que estamos empeñados.

Unha aperta e TERRA A NOSA.”

Os enfrontamentos no seo da Federación continuaron e no V Congreso da Federación, que se realizou en 1927, o grupo galeguista será desprazado da comisión executiva. A corrente socialista, deu unha dura batalla neste congreso, para facerse coa conducción política, da FSGA e C. O 28 de febreiro de 1928, a directiva triunfante de orientación socialista, expulsou a Suárez Picallo e Blanco Amor da Federación. Estes enfrontamientos políticos, remataron en 1929, coa convocatoria dun Congreso Extraordinario saindo gañadora a tendencia galeguista. Esta situación precipitou a ruptura da Federación, creándose unha nova entidade denominada Federación de Sociedades Galegas (FSG), sendo os seus líderes E. Botana e Misa Puga. Algunhas das sociedades rupturistas decidiron levar ás asembleas locais propostas de condea a todo tipo de tendencias nacionalistas como por exemplo a sociedade “Hijos del distrito de Salceda” declarou en maio de 1929 condear "toda teoría nacionalista enfrontada ao positivismo e ao materialismo histórico". A nova Federación editou o xornal "Acción Gallega" desde o cal combateu á outra Federación con definicións como "Feración arredista" e comparou o galeguismo co "Separatismo e conservadurismo reaccionario". Esta Federación compartiu o local coa Agrupación de Socialistas Españois e mantivo fortes vencellos co Centro Republicano Español e o Partido Socialista Arxentino. A pesar das diferencias ideolóxicas, en moitos casos producto da inmadures política, ambas Federacións tiñan moitas cousas en común. Cada unha pola súa parte durante os anos de separación tiveron politicas paralelas mais semellantes, nas dúas Federacións habia homes e mulleres con grande sentido patriótico.

En 1934 realizouse o X Congreso da Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais sendo elexido Manuel Cao Turnes, Secretario Xeral, e Pedro Campo Couceiro, Secretario Político.

Convocadas as eleccións do 36, constitúese no estado español unha alianza de esquerdas denominada Frente Popular.

A campaña electoral contou co apoio dos emigrantes residentes en Bos Aires. A Federación de Sociedades Galegas Agrarias e Culturais, envía un cablegrama, asinado polo seu Secretario Xeral, Cao Turnes no cal sinalaba:

" Pregan todos irmáns galegos outorguen os seus votos favor candidatos galeguistas e agrarios auténticos, únicos saberán defender dignamente intereses de Galiza como fixeron pasada lexislatura deputados galeguistas Castelao, Otero Pedrayo e Suárez Picallo".
Co estoupido da guerra civil, Alonso Pérez convocou varias reunións secretas para tratar a unificación da Federación fronte á gravidade dos acontecementos. Despois de varias reunións de carácter reducido, para que ningún exaltado malograra as conversas, chegouse a un acordo de comvocar a unificación. Os dirixentes de ambas Federacións impulsan a realización o 24 de outubro de 1936 do Congreso de Emerxencia para tratar a fusión das Federacións da Rúa Mitre y Belgrano.
O Congreso Constituinte de Unificación e Aprobación da Carta Orgánica da Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina desenvolveuse o 27 e o 28 de febreiro e o 6 de marzo de 1937. Entre os acordos tirados estaban definir o nome do xornal, discútense tres alternativas "Galicia", "Unión Gallega" e "Emancipación", decidindo a maioría continuar co nome de "Galicia".

Coa derrota do bando republicano e a chegada dos exiliados comezou unha nova etapa da colectividade. Castelao fundou a Irmandade Galega. Os comunistas fixéronse donos da federación, namentras que o outro sector importante da colectividade pasouse ao bando do franquismo.

Logo do seu paso pola Federación, Cao Turnes desenvolveu unha intensa actividade no Centro Galego de Bos Aires.

Cao Turnes foi directivo da Irmandade e colaborador

Lois Pérez Leira

 
   
Manuel Cao Turnes
   
A Comisión Directiva do Centro Galego de Bos Aires e a Federación posando para Celtiga.
     
 
Manuel Cao Turnes nun xantar en Bos Aires.
 
Xornal "Galicia" de Bos Aires. Campaña pro Estatuto Galego.