![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
José
Cancela Freijo Representou oficialmente a Uruguai en numerosos congresos internacionais da súa especialidade, celebrados en América e Europa. En 1950 a Oficina Sanitaria Panamericana (Oficina rexional da Organización Mundial da Saúde) outorgoulle unha bolsa de estudios de Tisioloxía dos Estados Unidos de América. Similar distinción foille conferida en 1958, realizando nesa oportunidade estudios en México, Ecuador, Chile e Estados Unidos. Foi membro do Comité Internacional de Expertos en BCG por nominación da Sociedade Americana de Médicos do Tórax. No ámbito da medicina práctica, desempeñouse como médico especialista en vías respiratorias na Casa de Galicia de Montevideo. Da súa extensa producción científica merece destacarse Histoplasmose: Enfermidade de Darling, onra que obtivera o Premio <Soca> da Facultade de Medicina de Montevideo correspondente ao ano 1950-51 e o primeiro premio no Concurso Internacional de Traballos Científicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Sevilla, correspondente ao ano 1950. Colaborou asiduamente coas máis importantes publicacións científicas do Uruguai (Archivos Uruguayos de Medicina, Cirugía y Especialidades; Hoja Tisiológica; Anales de Oto-Rino-Laringología del Uruguay;etc.). Con relación á Galiza emigrada, desenvolveu un importante labor de promoción cultural. Iniciativa súa foi a fundación do Padroado da Cultura Galega de Montevideo, do que foi o primeiro presidente, e a publicación de Guieiro, órgano xornalístico da mencionada entidade, do que exerceu a dirección entre os anos 1965 e 1968. Diversas institucións científicas estranxeiras nomeáronno memvro correspondente en Uruguai: The American Trudeau Society, The American College of Chest Physicians, a Real Academia de Medicina de Sevilla, a Sociedade de Tisioloxía de Rosario. Faleceu en Montevideo o 1 de maio de 1973. Foi amigo de Castelao, e cando este foi nomeado ministro do Goberno Republicano español no exilio, o Dr.Cancela Freijo foi representante no Uruguai de dito goberno. Lois Pérez Leira |
|