![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cabodano do asasinato de Alexandre Bóveda
Eis a historia dos derradeiros momentos da semente que todos debemos
ter cravada no corazón, coma o cravo que unha vez tivo Rosalía. Alexandre
Bóveda: Definiu Xosé Sesto a guerra incivil de 1936 como "Gran masacre cainesco que os catro xinetes apocalípticos -falanxistas, mouros, feixistas e nacionalsocialistas- desatarían sobre as terras pacíficas e esperanzadas das Españas".
Conta Sesto que, tratando de salvar a Alexandre, a tarde anterior
fora e viñera por todas partes en Pontevedra, buscando de salvar
un inocente. Esa mesma tarde pararon a Sesto. Un garda de asalto dixéralle
que el ía ter a mesma sorte que Bóveda por tratar de
salvalo, o vermello-separatista, "e ti es un deses, e vaiche
pasar o mesmo que a el". -O que vou facer é negarme, dixo. Se me fusilan, que me fusilen por algo. -Tes fillos?- preguntou Sesto. -Teño, señor. -Que vai conseguir con que o maten a vostede tamén? -Que vou facer daquela, señor Sesto? -É vostede católico? -Si. -Qué tal tirador é? -Estou cualificado como de primeira. -Pois ese valor tan extraordinario que vexo en vostede póñao ao servizo, serenamente, do seu pulso e apúntelle ao corazón, para que non sufra. E ofreza a súa dor por Alexandre e por Galiza.
Conta Sesto que marchou axiña e que ouviu tras de si un salouco. Non volve ver nunca aquel home, nin sabe cómo se chamaba. Só soubo despois que Alexandre Bóveda tiña un disparo no medio do corazón. Sesto pasou con Alexandre Bóveda os seus derradeiros minutos de vida na cela. Confesaron e Alexandre pediulle a Sestiño que se achegase para rezar con el en galego. Alexandre Bóveda pedíralle ó xuíz da causa, o comandante Vila, envolve-lo seu cadáver coa bandeira galega, ó que Vila respondeu que non había problema ningún. A Bóveda notificáronlle a súa sentenza de morte un quince de agosto, e tivo que agardar tres días para a súa execución. O quince para o catolicismo espanol era día da Virxe, mal día para asasinar. O dezaseis cadraba domingo, mal día para asasinar tamén, así que o deixaron para o luns dezasete. Ese luns 17 de agosto de 1936 saíu correndo Xosé Sesto ao Casino de Pontevedra buscar unha bandeira galega, precisamente no primeiro sitio no que se izou unha bandeira galega en Pontevedra. Cando chegou ao lugar da execución, dezasete minutos despois de estar con Bóveda rezando, este era cadáver. O comandante Vila negoulle a Sesto a posibilidade de envolver a Alexandre Bóveda coa bandeira galega que lle levara. Este replicoulle que ónde estaba a súa palabra, ónde a súa honra.
Correndo marchou á casa de Pepita Novás, que despois
sería a súa cuñada, e pediulle que lle fixese
unha pequena bandeira galega. Contaba Sesto que moitos crían que Bóveda morrera, que Alexandre Bóveda morrera definitivamente. Están, estaban equivocados os asasinos, os enterradores. Por el, por Alexandre, puido decir Castelao, seu irmán, seu amigo, no seu álbum Galiza Mártir "non enterran cadáveres, enterran semente". Ou aqueloutras palabras de Antón Vilar Ponte no enterro de Lousada Diéguez, que tamén serven para Alexandre: "e os vermes que han roe-lo teu cerebro sufrirán o castigo de se converteren en vermes de luz". Estas notas autobiográficas de Xosé Sesto son o limiar do libro de Xerardo Álvarez Gallego “Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda”. Xurxo Martínez Crespo |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||