![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Blanco Encalada: Un arxentino-galego presidente de Chile
Lorenzo Blanco Cicerón naceu en Marín, Pontevedra, en 1743. O seu pai foi José Francisco Blanco Salgado, nado en Ourense en 1712, ocupaba o cargo de sarxento maior, caudillo da xente do lugar de Soutomaior, e foi várias veces alcalde. Segundo conta Alberto Vilanova, casou en Marín en 1739 e alí faleceu en 1876, deixando catro fillos. Pouco se sabe da xuventude de Lorenzo. Supóñese que estudou nalgunha universidade española estudos de xurisprudéncia. A primeira referéncia que temos é no ano de 1774, ao ser designado por Real Cédula, Fiscal da Real Audiéncia de Santiago de Chile, e protector xeneral dos indíxenas do reino. Trasládase dende a súa morada en Bos Aires cara Chile, mais primeiro casa o 7 de agosto de 1779 con dona Mercedes Calvo de Encalada, filla dos Marqueses de Villapalma de Encalada, posuidores dunha grande fortuna. En Charcas foi Oidor da Real Audiéncia e lle foi encomendada a Dirección da Académia de Dereito de Chuquisaca (Bolivia). Posteriormente é enviado a Bos Aires coma Oidor da Real Audiéncia desta cidade, morrendo ao ano de chegar en 1790. Ao falecer deixaba catro fillos: Ventura, Carmen Ana, Carmen Rafaela e Manuel, iste derradeiro tiña só 7 meses. Manuel Blanco Encalada Blanco Encalada naceu en Bos Aires o 21 de abril de 1790. Os seus pais, ambolos dous de nobre estirpe, foron o Oidor don Manuel Lorenzo Blanco Ciceron, de nacionalidade española, e dona Mercedes Calvo de Encalada e Recabarren, de nacionalidade chilena. Enfrontado á disxuntiva de escoller a súa própria pátria, Blanco Encalada non titubeou nin un instánte en escoller a terra da sua nai, é dicer, Chile coma a sua Terra, á que sirviu coma o máis amante dos seus fillos. Aos 12 anos a sua nai decide darlle unha educación esmerada e envíao a España. En 1807 xa estaba incorporado á mariña española coma alférez. Ao ano seguinte logrou ser destinado ao apostadero naval de El Callao. Pouco despois estoupaba o mobemento emancipador en La Plata e logo en Chile, mostrando Blanco, dende un primeiro momento, predisposición en favor do citado proceso. En 1813 tomou o camiño de Chile, chegando a Santiago cando acababa de recebirse a noticia do desembarco do brigadier Antonio Pareja en Talcahuano. De imediato se incorporou ao exército pátriota. O xeneral José Miguel Carrera Verdugo, o destinou á artillaria e á construción e reparación de canones e armamentos, organizando Blanco a primeira mestranza e obradoiro de armas que tivo o país. Despois da batalla de Maipú o 5 de abril de 1818 foi nomeado tenente coronel efetivo da súa arma. Pero Maipú non era a solución definitiva da independéncia. O’Higgins e o seu ministro Zenteno preocupábanse de preparar unha Escuadra, feito fundamental para obter o domínio do mar e asi asegurar a independéncia; empresa titánica, verdadeiro milagre logrado por O’Higgins, xunto a colaboradores coma Blanco Encalada. O 28 de xuño de 1818, co grao de capitán de mariña de primeira clase, nomeouse a Blanco Encalada coma comandante xeral interino do departamento de mariña, con sede en Valparaíso, facéndose cargo tamén da organización dunha académia de gardamariñas para formar oficiais e o recrutamento de mariñeiros estranxeiros, en particular ingleses e norteamericanos. Mais tarde o governo fíxolle entrega do mando de toda a escuadra. Nestas circunstáncias recebeu o que seria o seu batismo de fogo, a catura da fragata Reina María Isabel. A
pesares de ser o fundador da escuadra, do éxito da ación
naval antes referida, nun aceno que o ennobrece, Blanco consentiu
en ser o segundo do célebre almirante Lord Thomas Alexander
Cochrane, que o 28 de novembro de 1818 chegara a Valparaiso. Ademáis o 7 de setembro do mesmo ano, o senado concédelle a investidura de marechal de campo. A campaña final de Blanco na guerra de Independéncia, foi a sua expedición para a liberdade de Chiloé, o derradeiro baluarte hispano de Chile. Alí, novamente ao fronte da Escuadra, dirixiu ás forzas do xeneral Ramón Freire Serrano. Ao seu regreso de Chiloé, rematada a xestión de Freire coma director supremo, o congreso en xullo de 1826 elixiu a Blanco Encalada coma presidente da república, se ben moi axiña Blanco se afastou da política. Anos máis tarde, co gallo da guerra contra a confederación peruano-boliviana, nomeouse a Blanco, comandante en xefe do exército. A sua participación na primeira campaña do citado conflito significoulle retornar cara Chile e ser sometido a un consello de guerra, se ben foi absolto. Blanco Encalada se retirou a partir de entón a sua vida privada. Non obstánte a sua avanzada idade, este vello soldado da independécia ofereceu os seus servizos coma mariño ao governo, cando a guerra contra España. O 5 de setembro de 1876, coa tranquilidade do heroe, faleceu o vicealmirante Manuel Blanco Encalada, insigne mariño, militar, diplomático, primeiro presidente da república e xefe da primeira escuadra nacional. Ventura Blanco Encalada 1782-1856 Naceu
en Bos Aires. Escritor e político. Educado coma o seu irmán
en España, participou das loitas deste raino contra Napoleón.
Mantivo vencellos literários cos inteletuais de Madrid e París.
Voltou a Chile e foi elixido ministro de interior no governo de Freire
e de facenda no de Pinto. Foi decano da faculdade de Humanidades de
Santiago. Foi xornalista e poeta. Publicou El grito del patriotismo
e traduxo o Merope de Voltaire. Lois Pérez Leira |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||