![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Personaxes
da emigración |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Francisco Luís Bernárdez: Escritor do Grupo Florida, defensor da lingua galega Francisco Luís Bernárdez naceu en Bos Aires el 5 de outubro de 1900. Os seus pais eran de Dacón, unha aldea preto de Carballiño. Sendo aínda un neno, a familia Bernárdez transládase a Ourense, onde Francisco Luís pasa unha longa tempada. É alí onde se familiariza co idioma dos seus pais e onde se vencella sentimentalmente coa terra dos seus antepasados. O propio Bernárdez cóntanos os seus anos xuvenís: “Crucei seis veces o Atlántico. Vivín catro anos en España e Portugal. Fun un dos últimos directores de `Proa´ e un dos máis afónicos fundadores da `Revista Oral´”. A escritora María Raquel Llangostera nunha semblanza realizada a Bernárdez na Revista “Capitulo: Historia de la literatura Argentina” sinala: “Hai na súa poesía ese aire nostálxico que lle ven do pasado, dos seus maiores, da Galiza vivida na adolescencia e desa terriña que se lle “escapa” como se non lle pertencese, como se fose doutros”. A comezos dos anos vinte Bernárdez instálase en Galiza onde comeza o seu labor como escritor, é alí onde xurden os seus primeros libros “Orto” (1922), “Bogar” (1922), “Kindergarten” (1923) e “Alcántara”. En Vigo destácase como redactor de “Pueblo Gallego”. Foron famosas as polémicas xornalísticas co escritor tamén arxentino-galego Amado Villar. Ambos os escritores disimulaban diariamente unha dura polémica que apaixonaba aos lectores de Vigo. Amado Villar daquela traballaba no “Faro de Vigo”, onde dirixía as páxinas literarias. O que non sabían aqueles inxénuos lectores, que tanto Bernárdez como Amado Villar compartían habitación de pensión e na mesma mesa de traballo planificaban os tan famosos artigos de opinión. Eran anos xuvenís e ambos os amigos divertían provocando ao debate entre os seus seguidores da prensa escrita. Durante a súa residencia en Galiza (1922-1925) pasa longas tempadas en Madrid onde frecuenta a tertulia literaria do Café “Maxim”, onde a figura estelar era do Ramón de Valle-Inclán. “Chegando eu a Vigo pouco tempo antes de emprender o regreso a Bos Aires, e enteirado de que Don Ramón estaba coa súa familia na Pobra do Caramiñal, resolvín pasar un par de días na pintoresca e non moi distante vila da ría arousana, non só para despedirme do meu mestre e amigo, senón tamén, e acaso principalmente, para contemplar a miña visión dun home apenas entrevisto ata entón fóra do seu admirable obra”. O seu paso polo estado español, foi desde todos os aspectos un feito transcendente, tanto desde o punto de vista humano como creativo. Durante as súas primeiras viaxes participou activamente das vangardas do seu tempo, formando parte do Ultraísmo, corrente literaria moi de boga por aquel entón. Tamén mantivo unha estreita relación co poeta Ramón Cabanillas: “Foi cara 1922 cando eu o coñecin. Traballaba Cabanillas no Hotel-balneario de Mondariz; sendo admiradísimo polos seus propietarios, os irmáns Peinadora; e eu, ocasionalmente en Vigo, facía de redactor en “El Pueblo Gallego”. O poeta baixaba a miudo á cidade, e alí víamonos, formando tertulia con Amado Villar, o pintor Maside, Rafael Dieste, Amado Carballo, Roberto Blanco Torres e outros camaradas daqueles inesquecibles días”. Entre os amigos de Bernárdez en Galiza tamén podemos destacar a Luís Pimentel. Para el terá tamén unha emotiva lembranza: “O seu verdadeiro destino poético comezou a se cumprir o día en que, abandonando o uso dunha lingua recibida como don cultural magnifico mais extraño, apreixouse con alma e vida ao idioma que lle corría polas veas, a ese marabilloso verbo que despois de florecer como ningún da Península na inigualada poesía de Martín Códax, de Bernal de Bonaval, de Mendiño, de Airas Nunes, de Fernández Torneol e de tantos outros hóspedes eternos dos cancioneiros portugalaicos, refuxiouse durante catro longos séculos no escuro corazón dun pobo cheo de fe, para rexurdir finalmente nos beizos de Rosalía de Castro, nos ollos de Eduardo Pondal, nos puños de Curros Enríquez”. O seu paso por Galiza en plena mocidade, a súa estreita amizade coa intelectualidade galega, fórono vencellando co pensamento galeguista, converténdose nun férreo defensor do noso idioma. Seguramente a amizade con Castelao, fará que a súa relación co galeguismo non sexa tan só sentimental, senón que tamén intelectual e política. “Tan dentro do meu corazón e tan ligado ás cousas e aos seres do meu sangue está o nome de Rosalía, que non o podo escribir nin pronuncialo sen sentir conmovido e removido ata o fondo o mundo confuso e lonxano das lembranzas familiares”. En 1925 recibiu o Terceiro Premio do Concurso Literario da Municipalidade de Bos Aires. E funda neses anos unha revista de curta existencia, “Libra”, en colaboración co escritor arxentino Leopoldo Marechal. Francisco Luís Bernárdez estaba asociado na corrente do Ultraismo, por ese motivo formou parte do histórico grupo de “Florida” onde participaban figuras da proxección de Jorge Luís Borges, Ricardo Guiraldes, Oliverio Girondo, Conrado Nalé Roxlo, Ricardo Molinari, Raul Escalabrini Ortiz, Macedonio Fernández, Ulisis Petit de Murat, Leopoldo Marechal, Raúl González Tuñón e Córdoba Inturburu, entre outros. O máis importante grupo literario arxentino de todos os tempos tiña como medio propio de expresión a Revista Literaria “Martin Fierro”, onde colaborou Bernárdez. Un de tantos artigos estivo destinado ao seu amigo Castelao, con motivo da edición dun libro deste. Na súa mocidade relaciónase en Bos Aires co Grupo de Cursos de Cultura Católica. Bernárdez participou do Grupo católico “Convivió” ao que asistían intelectuais e artistas de pensamento cristián. Escribe na Revista “Criterio” e colabora no xornal conservador “La Nación”. A
partir de 1930 entra nunha etapa pesimista, debido a unha enfermidade
que o fai gardar repouso durante longo tempo. En 1935 edita “El Buque”,
extenso poema de carácter intimista. Na cidade de Córdoba
coñece a Laura, musa inspiradora dos seus versos quen se converte
na súa muller. Para Paco -como o chamaban os seus amigos máis
íntimos comeza unha das etapas máis fructíferas.
Durante eses anos edita: “Cielo de tierra” (1937); “La ciudad sin
Laura” (1938); “Poemas elementales” (1942); “Poemas de carne y hueso”
e “El Ruiseñor” (1945); “Las Estrellas” (1947); “El ángel
de la guarda” (1949); “El Arca” (1953); “Poemas de cada día”
(1963). En prosa: “La copa de agua”, “La flor”. Realizou traduccións:
“Florilegio del cancionero Vaticano” (1952), “Himnos del breviario
Romano”. Tamén publicou en idioma galego: “Lembranzas de Castelao, Pimentel, Cabanillas, Rosalia”, e “Florilegio del Cancionero de Vaticana”. Todas estas semblanzas están recollidas no seu libro “Mundo de las Españas” editada por Losada en 1967. Foi tamén membro da Academia Arxentina de Letras e en 1944 recibiu o Premio Nacional de Poesía. Francisco
Luís Bernárdez falecía na Arxentina en 1978.
Coa súa morte íase un dos máis importantes intelectuais
galego–arxentino. Galiza débelle un eterno recoñecemento
pola defensa apaixonada que fixo da súa cultura, da súa
historia e a súa lingua. Lois Pérez Leira |
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||