Personaxes da emigración
 

 

ANTONIO BALTAR: MÉDICO, INTELECTUAL E GALEGUISTA

Antonio Baltar Domínguez naceu en Santiago de Compostela o 13 de septembro de 1906. Era fillo do prestixioso médico padronés Anxel Baltar Cortés quen logra poñer a ciruxía galega ó máis alto nivel daqueles tempos. Antón pertenceu a unha familia pudente e con moito prestixio. Seu pai foi condecorado en 1928 coa Cruz de Beneficencia e impulsou a "Fundación Baltar", co obxetivo de alentar ós estudantes que sobresaíran na especialidade de ciruxía.

Antón seguiu o camiño de seu pai e estudou a carreira de mediciña. No 1929 trasladouse a París para perfecionarse na súa especialidade. No 1933 realizou en Berlin, Alemania, a especialización de Anatomía Patolóxica.
Coa construcción en Rianxo dun chalet cunha espectacular vista á ría por parte do pai de Antonio, consolídase a amizade entre as familias Castelao, Baltar e Dieste. Outros dos amigos de Antonio por aqueles anos era Arturo Cuadrado, Luis Seone e o médico Rey Baltar.

Coa chegada da segunda republica comeza o seu noivado con Mireya sobriña de Rafael Dieste.

Logo do estallido da Guerra Civil e despois do fusilamento do destacado médico Novoa Santos, marchase cara ó exilio.
En Buenos Aires reencontrase cos seus amigos de carreira e militancia. Sánchez Guisande, Rey Baltar, Luis Seoane, Cuadrado, Rafael Dieste etc.
Na capital do Plata ten que homologar os seus estudios. Co título outorgado pola Argentina funda co seu compañeiro e eminente médico Gumersindo Sánchez Guisande un sanatorio en Avellaneda e organiza o Laboratorio de Anatomía Patolóxica do Centro Galego de Buenos Aires. Posteriormente trasladase á Patagonia como médico dunha mina de carbón. Foi nomeado nesta provincia director de Saúde Publica. Ó pouco tempo do seu destino no sur argentino trasládase xunto ó seu amigo Guisande ata a provincia de Mendoza onde exerce ó fronte da Cátedra de Anatomía Patolóxica da Universidade andina.

Xosé Nuñez Búa no seu libro "Revoeira" comenta alghunas anecdotas de Baltar:

"Recén chegado a Buenos a Buenos Aires en compaña da súa dona, unha uruguaia noviña e fermosa, Mireia Dieste - filla e sobriña, respectivamente, dos ecritores Eduardo e Rafael Dieste - adoitaba a se xuntar no café " Richmond" da rúa Esmeralda - do que era caixeiro e despóis foi dono o vilagarcián Eduardo Puceiro - con Manuel Otero Acevedo, Luis Seoane, Federico Rivas, Sanchez Guisande, Manuel Colmeiro, Xosé Suárez, Quintela Novoa, Luis Villaverde e o narrador. Il andaba en visperas do ter que revalidar o seu tíduo de médico. Non era moi falador, pro un día máis silandeiro que de costume. O narrador inquiríulle:

Véxote moi concentrado. ¿Seica estás preocupado cos exames? - Cos exames non. Estouno cos dous mil pesos que teño que pagar polos dereitos de examen.

O membro dunha familia pudente de moi antergo señorío fillo de ciruxán de máis sona de Galiza, Don Anxel Baltar, morto facía pouco, non tiña dous mil pesos pra poder pagar unhas tasas académicas. E na prensa española decíase a cotío que os "roxos" vivían no exilio ben mantido polos cartos que recibian de Rusia.

Cando aquela noite os contertulios foronse marchando, Manuel Otero Acevedo, fillo de padronés, arxentino que deica o 36 tiña sido cónsul na Cruña, pedíulle a Baltar que se quedase porque tiña que facerlle unha pergunta de carácter profesional.

Como escoitara cal era motivo da súa preocupación, púxolle na man os dous mil pesos que precisaba para poder presentarse ás probas de reválida.

Tan logo revalidou na Arxentina o seu título de Doutor en Mediciña, entróu como médico no Centro Galego de Buenos Aires, onde créou o servicio de anatomía patolóxica. Con Sánchez Guisande fundóu un sanatorio en Avellaneda. Traballando arreo, o exercicio da profesión dáballe dabondo para vivir e ainda aforrar un pouco...

Mais Baltar tiña un senso social da mediciña e, pasados uns anos, un día calisquera aceitóu ir como médico dos mineiros de Chos Malal, lugar isolado do Neuquén, ó pé dos Andes. A maoría dos seus pacentes serían indios araucanos e mestizos chilenos. Os seus amigos trataron de disuadilo de se ir a vivir nun lugar aspro e probe. Baltar, rome calmoso, dixo sinxelamente:
-O médico debe ir servir onde faga máis falla. En Buenos Aires debe haber un médico por cada 300 habitantes, namentras que en moitos sitios da Arxentina non chega a un por cada 1000 kilómetros cadrados. Como eu sempre tiven o anceio de rematar sendo médico rural na miña terra, agora preséntaseme a ocasón de selo nista onde atopéi pan e liberdade.

Termando da saúde de indios e mestizos, internándose nas serras por dous ou tres días pra ir atender doentes, pasóu tres anos a fío un médico galego que tiña feito cursos en universidades alemanas, que se criara en pazos, que tiña na ría de Arousa, en Rianxo, unha praia de propiedade familiar e un yate de recreo con mariñeiros uniformados, que ós 24 anos tiña sido nomeado por oposición profesor axunto da universidade...
¿Un raro? ¿Un idealista?... ¡Un médico!"

Antonio Baltar especializase en Mediciña Social da Organización Mundial da Saúde e é designado director do equipo internacional na provincia de San Juan. Anos despois foi trasladado a exercer o mesmo cargo na provincia de Córdoba onde acaba a súa carreira profesional.

O 22 de xuño de 1956 Antonio Baltar e un grupo de emigrantes galegos profesionais, funda a Asociación Galega de Universitarios, Escritores e Artistas (A.G.U.E.A.), entidade esta de carácter galeguista. No seu documento de fundación Baltar Sinala: “Recoller, difundir e fomentar os feitos de calquera orixen ou as obras de todo autor que signifiquen unha exaltación para Galicia ou un enriquecimento do seu acervo cultural ou das súas posibilidades vitais, auspiciando ou creando seccións e organismos que tendan ó mellor coñecimento dos valores históricos e actuais de Galicia e ó estudo e solución dos problemas que lle afecten. Promover o estudo, desenrolo, perfeccecionamento e exercicio do idioma galego”. Durante aquel ano AGUEA realizou 57 clases de xeografia, historia, lingua e literatura galega, dictadas no idioma galego.

Antonio Baltar foi trasladado a Buenos Aires para ser intervido quirúrxicamente, falecendo antes do intento o 22 de septembro de 1970.

Lois Pérez Leira

 
         
     
Antonio Baltar Domínguez.
 
 
EnTanxil, 1916. De pé á dereita Antonio Baltar e ao seu lado Pepe Balatar Santaló. Sentados Rafael Dieste, Manuel Baltar Santaló e Ramón Baltar Dominguez.
 
Antonio Baltar o terceiro de esquerda a dereita na foto, na chegada de Rafael Diste e a súa dona a Montevideo. De pé Eladio Dieste, a súa dona Elisa e Mireyra Dieste.
 
Antonio Baltar na súa casa en Bos Aires cun grupo de amigos.